As axudas directas ás empresas de transporte poderán solicitarse a partir de 4 de agosto
O Consello de Ministros aprobou onte o paquete anunciado de axudas directas ao sector do transporte, idéntico ao establecido a finais de marzo deste ano, froito dos acordos alcanzados co Comité Nacional de transporte por Carretera (CNTC) para paliar os efectos da alza incontrolada dos prezos dos combustibles.
As axudas poderanse solicitar a través da web da Axencia Tributaria a partir deste xoves 4 de agosto e as contías por vehículo son as seguintes:
- Camións: 1.250 €/vehículo
- Furgóns: 500 €/vehículo
- Autobuses: 950 €/vehículo
- Ambulancias: 500 €/vehículo
- Taxis e VTC: 300 €/vehículo
Parao cálculo total da axuda terase en conta o número de vehículos adscrito á respectiva autorización de transporte no Rexistro de Empresas do Ministerio de Transportes a data 15 de xullo de 2022.
As axudas comezaranse a abonar a partir de 31 de outubro, debendo estar abonadas como moi tarde a 31 de decembro do presente ano.