A DGT comeza (un vez máis) coa tramitación da modificación da norma de pesos e dimensións, que entre outras cuestións pretende incrementar o peso ata as 44 toneladas.
O adianto das eleccións xerais en xullo de 2023 afectou directamente á aprobación de diferentes proxectos lexislativos e normativos relativos ao sector do transporte por estrada, entre outros o proxecto de modificación dos pesos e dimensións para os vehículos de transporte de mercadorías por estrada, cuxo texto estaba bastante avanzado por parte dos tres Ministerios competentes na materia: Transportes, Industria e Interior.
Neste sentido, segundo a información recibida da federación FENADISMER, a DGT xa comezou a tramitación de novo de dita norma co obxectivo de aprobala finalmente antes do vindeiro mes de decembro. Así, o proxecto normativo, que se someterá a consulta pública ata o 13 de xuño, propón modificar o anexo IX do Regulamento Xeral de Vehículos, introducindo entre outras novidades:
- a simplificación no uso e autorización dos conxuntos Euromodulares, incluíndo os Eco Combi ou Dúo Tráiler de 32 metros de lonxitude e 72 toneladas de MMA;
- a ampliación da altura máxima permitida a 4,5 metros para determinados tipos de transporte (transporte de palla, animais vivos e suministración de provedores a industrias en distancias inferiores a 50 km);
- e como medida máis controvertida a da ampliación da actual tonelaxe máxima dos vehículos articulados ata as 44 toneladas para o transporte de mercancías por estrada, aumentando en consecuencia a capacidade de carga de ditos vehículos nun 16%.
As 44 toneladas en transporte internacional
Pola súa parte, a Comisión Europea iniciou paralelamente a tramitación da modificación da actual Directiva europea sobre pesos e dimensións dos vehículos de transporte, como parte da Estratexia Europea de Mobilidade Sostible, coa (presunta) finalidade de contribuír á redución significativa das emisións de efecto invernadoiro procedentes do transporte.
Así, entre as medidas que propón está a de harmonizar e axeitar os pesos e dimensións máximos no tráfico internacional cos límites máis comúns permitidos actualmente, isto é, elevándoos ata as 44 toneladas, como xa se permite en 13 Estados membros da Unión Europea. Deste xeito, autorizaríase automaticamente o transporte internacional de vehículos con 44 toneladas entre todos os Estados membros que o permitan, que na actualidade está autorizado xa en 13 Estados membros, entre outros, todos os fronteirizos co Estado español.