O Ministerio de Economía vén de publicar unha resolución co obxecto de esclacerer como se debe contabilizar a bonificación dos 20 céntimos en litro no carburante
O Ministerio de Economía, a través do Instituto de Contabilidad y Auditoría de Cuentas, vén de emitir unha resolución esclarecedora de como debe contabilizarse a bonificación dos 20 céntimos en litro nos combustibles, que como é sabido está en vigor desde o pasado 1 de abril e que se manterá alomenos ata 31 de decembro.
Segundo esta resolución, existen 2 formas posibles:
- Contabilizar a bonificación como subvención, isto é, levala á conta contable 740),
- Ou ben contabilizala como unha minoración do gasto, sempre e cando de acordo co principio de importancia relativa, a variación que ocasione este rexistro contable sexa pouco significativa, como é o caso da bonificación que só alcanza os 20 céntimos en litro, isto é, aproximadamente un 10% do costo total do combustible.