O novo Decreto-Lei aprobado polo Goberno para o 2º semestre deste ano non prorroga o incremento excepcional aprobado hai xustamente un ano do índice de variación do prezo do gasóleo para o cálculo das tarifas de transporte.
Así, a partir do 01 de xullo de 2023 deberanse aplicar novamente os índices de indexación do gasóleo existentes antes da crise pola guerra de Ucraína.
Publícase o novo Decreto-Lei de medidas polos efectos da guerra de Ucraína
Onte, 29 de xuño, publicouse no BOE o novo Real Decreto-Lei 5/2023 de medidas anticrise aprobado polo Goberno, como continuación dos dous aprobados en 2022 para dar resposta ás consecuencias económicas derivadas da guerra en Ucraína.
Tal como xa se informou, este novo Real Decreto-Lei incluíu a prórroga ata fin de ano das axudas directas no combustible para o transporte por estrada e outros sectores profesionais.
Quedan establecidas as bonificacións do carburante da seguinte forma:
- Os transportistas titulares de vehículos dados de alta no Censo do Gasóleo Profesional percibirán unha bonificación de 10 cts en litro polas repostaxes de gasóleo A que efectuén no 3ºtrimestre deste ano 2023 e de 5 cts en litro polas repostaxes no 4º trimestre.
- Os titulares de vehículos non incluídos neste Censo tamén percibirán a seguinte cantidade fixa segundo a súa categoría:
- Camións pesados MDPE con MMA ≥ 7,5 Tn e carburante GLP, GNC ou GNL – 1.845€
- Camións pesados MDPE con MMA < 7,5 Tn – 500€
- Furgóns lixeiros MDLE con MMA ≤ 3,5 Tn – 225€
O índice a aplicar na cláusula do gasóil volve ao seu valor anterior
Sen embargo, este Real Decreto-Lei da por rematada outra medida económica de relevancia para o sector do transporte, isto é, o incremento do 10% nos índices de variación do combustible de aplicación na cláusula de revisión das tarifas do transporte nos contratos continuados.
Recordemos que estos índices foron excepcionalmente incrementados hai xusto agora un ano por causa da brutal suba do prezo do gasóil e o seu impacto na estrutura de custos de explotación da actividade.
En consecuencia, a partir do 01 de xullo os índices de indexación do gasóil a aplicar nas facturas polos servizos de transporte serán os que se aplicaban con anterioridade, isto é:
- un 30% para os servizos de transporte con camións de máis de 20 toneladas de MMA;
- un 20% para os camións medianos entre 3,5 e 20 toneladas, así como para os camións de obras;
- e un 10% para os camións/furgóns ata 3,5 toneladas.