A Comisión Europea permitirá as 44 toneladas en toda Europa e o tráfico transfronterizo dos camións euromodulares de 25,5m

Na actualidade 13 países da U.E. xa permiten as 44 toneladas de carga nos vehículos de transporte de mercadorías nos tráficos internos. En troques, o adianto das eleccións (ao 23 de xullo de 2023) paralizou en España a aprobación da ampliación de pesos este verán.

A Comisión Europea traballa nunha Directiva que, ademais de autorizar as 44 Tn en transporte internacional, tamén permitirá o tráfico transfronteirizo de megacamións.

Proposta de nova Directiva de Pesos e Dimensións

Acaba de facerse pública a proposta da Comisión Europea de modificar a actual Directiva Europea sobre pesos e dimensións dos vehículos de transporte, como parte da Estratexia Europea de Mobilidade Sostible. A finalidade é limitar os impactos negativos ao medio ambiente, xa que supostamente o 28% dos gases de efecto invernadoiro e o 34% das emisións de óxidos de nitróxeno provén dos vehículos de transporte por estrada.

Fenadismer ven de desvelar que o Director Xeral de Transportes Terrestres da Comisión Europea, nunha carta remitida ao Presidente desta Federación, lle comunicou que o obxectivo principal que persegue a Directiva:

“é impulsar a adopción de vehículos pesados de cero emisións e promover a compatibilidade modal e a cooperación, mediante fortes incentivos, incluída a carga útil adicional, para que os operadores reverdezan as súas frotas ou participen en operacións intermodais”.

O que se pretende é atender ás presións dos grandes grupos de distribución e dos operadores loxísticos para autorizar, de forma automática, o transporte transfronteirizo de vehículos máis pesados ou máis largos entre os Estados membros veciños. O que permitiría harmonizar os pesos e as dimensións máximos cos límites máis comúns permitidos actualmente. Isto é, o incremento do peso máximo ata 44 toneladas, como xa se permite en 13 estados membros, pero fomentando os vehículos cero emisións, así como o transporte transfronteirizo dos vehículos euromodulares (megacamións) de ata 25,25 metros de lonxitude e 60 toneladas.

O incremento de pesos e dimensións para o 2023 en España, provisionalmente parado

Se ben a tramitación e aprobación final desta nova Directiva Europea se alargará cando menos 2 anos, hai que dicir tamén que o Ministerio de Transportes español xa viña traballando nos últimos meses nun borrador bastante avanzado para modificar a nivel estatal a regulación dos pesos e dimensións dos vehículos de transporte. Co obxectivo evidente de introducir as 44 toneladas na frota de transporte española e a simplificación dos requisitos para a autorización e circulación dos megacamións e os duotrailers. Sen embargo, o adianto electoral (23J 2023) impediu a súa aprobación definitiva, polo que haberá que esperar á conformación do novo Goberno que saia das urnas para continuar a tramitación de dita norma.

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas: