Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

A Inspección de Transporte priorizará en 2023 o control do prezo do transporte, da morosidade e da carga e descarga.

A Subdirectora Xeral de Inspección de Transporte Terrestre do Ministerio, acompañada dos responsables de inspección de varias Comunidades Autónomas, presentou hoxe 21 de novembro ás federacións de transportistas o Plan de Inspección de transporte por estrada para 2023.   

O Plan da inspección de transportes por estrada priorizará o próximo ano atender ás novidades lexislativas aprobadas nestes últimos meses, en concreto en materia de loita contra a morosidade, o control dos prezos do transporte e o cumprimento da prohibición da carga e descarga de forma xeralizada.

En canto á loita contra a morosidade no ámbito do transporte de mercadorías por estrada, a Lei 13/2021, de 1 de outubro, pola que se modifica a LOTT en materia de infraccións,  publicada no BOE de 2 de outubro de 2022, introduciu un réxime sancionador progresivo dirixido ás empresas cargadoras, intermediarias e frotistas que paguen aos transportistas a máis de 60 días desde a prestación do servizo de transporte, baixo o seguinte criterio de progresividade:

tabla baremos

Hai que reparar en que o prazo dos 60 días é desde a prestación do servizo, non desde a data da factura. Por tanto, unha factura emitida o último día do mes que inclúa servizos de transporte realizados durante todo o mes, deberá ser abonada como moi tarde aos 45 días da súa emisión.

O prezo do transporte

O prezo acordado do transporte, así como o importe dos gastos relacionados (carga e descarga), que deberá cubrir o total dos custos efectivos soportados pola empresa transportista conforme o establecido polo Real Decreto-Lei 14/2022, de 1 de agosto, será obxecto tamén de control prioritario en 2023.

Será necesario controlar polos servizos de inspección o contido das cartas de porte e a emisión das mesmas, así como aqueles outros documentos contractuais complementarios nos que veña reflexado o prezo. Para iso, comezarán as inspeccións a través das empresas cargadoras e operadores de transportes, establecendo o seguimento da cadea de empresas implicadas ata chegar ao porteador efectivo dos servizos de transporte contratados.

Hai que recordar que, ao abeiro dese Real Decreto-Lei 14/2022, de 1 de agosto, cargador e transportista son responsables da emisión da carta de porte, e a infracción por non emitir dita carta é graduada como grave con multa de ata 1.000 euros, sendo sancionado tanto o transportista efectivo como o seu cliente, agás en caso de que calquera deles probe que non foi responsable do incumprimento. Ademais, tamén ten a consideración de grave con multa de ata 800 euros a non inclusión do prezo na carta de porte e de ata 600 euros se non figura algunha das restantes mencións obrigatorias.

Así mesmo, dito Real Decreto-Lei 14/2022 establece como infracción moi grave, con multa de ata 4.000 euros, o pagamento ao transportista efectivo dun prezo inferior ao total de custos efectivos individuais soportados ou asumidos por este. Non obstante, para que se poida impor a sanción deberanse dar 2 requisitos conxuntamente: ten que tratarse dun contrato de transporte para un único envío (non servizos continuados) e ten que existir “asimetría” entre as partes contratantes. 

A carga e descarga

En canto ao control das operacións da carga e descarga, o Real Decreto-Lei 3/2022, de 1 de marzo e o Real Decreto-Lei 14/2022,  cuxa entrada en vigor data de setembro do presente ano 2022, requirirá o control presencial por parte dos Inspectores de Transportes coa finalidade de proceder ao control da participación dos conductores nesas tarefas. 

Tipifícase como infracción moi grave a realización das operacións de carga ou descarga polo condutor do vehículo contravindo as limitacións recollidas nesta lei. Presúmese que a responsabilidade por dita infracción corresponde tanto á empresa transportista, baixo cuxa dirección actúe o condutor do vehículo, como ao cargador, expedidor, intermediario e destinatario que interveñan no transporte. Sancionaranse con multa de 4.001 a 6.000 euros.

Outras consideracións da Inspección de Transporte

Co obxectivo de que os controis poidan ser o  máis efectivos posible, realizaranse naqueles puntos onde se poida detectar un maior volume de actividade de transporte como poden ser os portos, polígonos industriais, grandes cargadoras, centros loxísticos, etc. Será prioritaria a realización dos controis nas grandes empresas cargadoras e centros loxísticos ao longo de 2023 cando os controis se leven a cabo polos membros da Inspección de Transportes. 

Teranse en conta as distintas denuncias provenientes de asociacións, institucións e dos particulares realizadas nos distintos medios telemáticos implantados polas administracións de transporte. Neste sentido, a Inspección de Transporte do Ministerio destacou que a posta en marcha este ano 2022 do Buzón anónimo de colaboración coa Inspección ten suposto un instrumento moi importante na planificación das actuacións inspectoras. 

Todos estes obxectivos levaranse a cabo tanto nas sedes das empresas como en estrada. De feito, os membros da Inspección de Transporte terán como actividade prioritaria a sede das empresas. 

Así mesmo, continuarase o control sobre as empresas que ofertan servizos de transporte on-line, en especial no que atinxe a plataformas de paquetería que, en vehículos diversos, intermedian habitualmente sen estaren autorizadas.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: A Axencia Tributaria comeza a abonar a segunda remesa de axudas directas ao sector do transporte aprobadas en 2022 Link to: A Axencia Tributaria comeza a abonar a segunda remesa de axudas directas ao sector do transporte aprobadas en 2022 A Axencia Tributaria comeza a abonar a segunda remesa de axudas directas ao...Axudas directas ao sector do transporteLink to: O Ministerio explica como se efectuará en estrada o control do e-CMR Link to: O Ministerio explica como se efectuará en estrada o control do e-CMR Ministerio de transportes, Movilidad y agenda urbanaO Ministerio explica como se efectuará en estrada o control do e-CMR
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar