A Xunta de Galicia publica os programas de axuda en 2023 ao emprego das persoas traballadoras autónomas
No DOG de hoxe 24 de xaneiro publicáronse os programas de axuda da Xunta de Galicia para a promoción e apoio do emprego autónomo en 2023,ao abeiro dos cales poderán presentarse solicitudes desde o 25 xaneiro ata o 29 de setembro do presente ano 2023.
O primeiro denominado XEMPRE AUTÓNOMO, está deseñado para apoiar economicamente a aquelas persoas que, partindo do desemprego, queiran desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. Ademais, estes novos autónomos deberán causado alta entre 01/10/2022 e 29/09/2023 na Seguridade Social no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia ou mutualidade.
A contía base das axudas deste programa XEMPRE AUTÓNOMO son 2.000 ou 4.000 euros, que poderán incrementarse con contías adicionais en función de se esa nova persoa traballadora autónoma cumpre cunha serie de requisitos.
O segundo programa, concebido para axudar o mantemento da actividade de autónomos con máis de 42 anos de antigüidade como tales, recibe o nome de BONO AUTÓNOMO. A axuda máxima deste segundo programa é de 3.000 euros, sendo a intensidade da axuda sobre os gastos ou investimentos subvencionables dun 80%.
Serán subvencionables neste segundo programa as seguintes actuacións: compra de maquinaria; compra ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética; compra de útiles e ferramentas; reforma de local de negocio (non domicilio habitual); equipamento informático (excepto móbiles); equipamento de oficina ou negocio; rótulos; deseño de marca; aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais. Os gastos deberán ser realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data da presentación da solicitude.
Para ampliar a información destas dúas convocatorias, pode consultarse o DOG de 24 de xaneiro, na Oficina Virtual do Autónomo da Consellería ou ben contactar con Sinerxías en calquera das nosas oficinas.