As peaxes da AP-9 e AP-53 soben un 4% coa chegada de 2023
Sen embargo, Audasa ingresará moito máis, xa que adicionalmente recibirá un 5,53% directamente das arcas públicas ata chegar ao 9,53% que ten dereito a percibir a concesionaria pola inflación e as obras deampliación de Rande e a circunvalación de Santiago.
Desde hoxe 1 de xaneiro de 2023 as tarifas das autoestradas galegas de titularidade estatal AP-9 e AP-53, as xa de por si máis caras de todo o Estado, encarécense un 4% en todos os treitos. Así, un camión pesado de catro ou máis eixos que recorra a fachada atlántica entre Vigo e A Coruña enfróntase a unha peaxe de 31,50 euros, e se fai todo o treito entre de Ferrol a Tui o importe ascende a 41,90 euros. Por outro lado, o treito completo da AP-53 entre Santiago e Lalín alcanza os 12,85 euros.
Nas webs corporativas de Audasa e Acega pódense consultar xa o importe das tarifas por cada treito e tipo de vehículo.
Pero os ingresos de Audasa non se incrementarán un 4%, senón que chegarán ao 9,46%, xa que a diferenza será abonada directamente polo Ministerio de Transportes á concesionaria como consecuencia da infración e do mecanismo de compensación polas obras da ampliación da ponte de Rande e a circulación de Santiago.
O Goberno decidiu repartir a carga da desproporcionada suba da peaxe, de xeito que unha parte a abonarán os usuarios da autoestrada e a outra toda a cidadanía a través dos impostos. Esta medida de contención da suba das peaxes recóllese no Real Decreto-lei de medidas para paliar os efectos da guerra de Ucraína, aprobado polo Goberno no último Consello de Ministros do ano 2022.