Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

A DGT comeza (un vez máis) coa tramitación da modificación da norma de pesos e dimensións, que entre outras cuestións pretende incrementar o peso ata as 44 toneladas.

O adianto das eleccións xerais en xullo de 2023 afectou directamente á aprobación de diferentes proxectos lexislativos e normativos relativos ao sector do transporte por estrada, entre outros o proxecto de modificación dos pesos e dimensións para os vehículos de transporte de mercadorías por estrada, cuxo texto estaba bastante avanzado por parte dos tres Ministerios competentes na materia: Transportes, Industria e Interior.

Neste sentido, segundo a información recibida da federación FENADISMER, a DGT xa comezou a tramitación de novo de dita norma co obxectivo de aprobala finalmente antes do vindeiro mes de decembro. Así, o proxecto normativo, que se someterá a consulta pública ata o 13 de xuño, propón modificar o anexo IX do Regulamento Xeral de Vehículos, introducindo entre outras novidades:

  • a simplificación no uso e autorización dos conxuntos Euromodulares, incluíndo os Eco Combi ou Dúo Tráiler de 32 metros de lonxitude e 72 toneladas de MMA;
  • a ampliación da altura máxima permitida a 4,5 metros para determinados tipos de transporte (transporte de palla, animais vivos e suministración de provedores a industrias en distancias inferiores a 50 km);
  • e como medida máis controvertida a da ampliación da actual tonelaxe máxima dos vehículos articulados ata as 44 toneladas para o transporte de mercancías por estrada, aumentando en consecuencia a capacidade de carga de ditos vehículos nun 16%.

As 44 toneladas en transporte internacional

Pola súa parte, a Comisión Europea iniciou paralelamente a tramitación da modificación da actual Directiva europea sobre pesos e dimensións dos vehículos de transporte, como parte da Estratexia Europea de Mobilidade Sostible, coa (presunta) finalidade de contribuír á redución significativa das emisións de efecto invernadoiro procedentes do transporte.

Así, entre as medidas que propón está a de harmonizar e axeitar os pesos e dimensións máximos no tráfico internacional cos límites máis comúns permitidos actualmente, isto é, elevándoos ata as 44 toneladas, como xa se permite en 13 Estados membros da Unión Europea. Deste xeito, autorizaríase automaticamente o transporte internacional de vehículos con 44 toneladas entre todos os Estados membros que o permitan, que na actualidade está autorizado xa en 13 Estados membros, entre outros, todos os fronteirizos co Estado español.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: A Inspección de Transportes recadou 90M en 2023 Link to: A Inspección de Transportes recadou 90M en 2023 A Inspección de Transportes recadou 90M en 2023Link to: O Goberno mobiliza 50 M€ máis para axudas ao achatarramento Link to: O Goberno mobiliza 50 M€ máis para axudas ao achatarramento O Goberno mobiliza 50 M€ máis para axudas ao achatarramento
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar