Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
O Ministerio publica a lista dos 321 transportistas beneficiarios de 30.000 euros de axuda ao abandono da actividade en 2023
O Ministerio publica a lista dos 321 transportistas beneficiarios de 30.000€ de axuda ao abandono da actividade en 2023.

Os 9,6 millóns de euros desta convocatoria só dan cobertura ao 26% das solicitudes presentadas.

As persoas beneficiarias deberán agardar á Resolución definitiva para poder tramitar a axuda ao abandono 2023, previa baixa na actividade.

O Ministerio publica a relación de persoas beneficiarias

A Dirección Xeral de Transporte Terrestre do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou no BOE do martes 11 de xullo a Resolución Provisional pola que se outorgan as axudas a transportistas autónomos para o abandono da actividade do transporte por estrada. O Ministerio destinou 9,6 millóns de euros ao abeiro da presente convocatoria do ano 2023.

Con esta partida orzamentaria son unicamente 321 os transportistas beneficiarios cunha axuda de 30.000 euros. O que representa só un 26% das solicitudes presentadas nesta convocatoria de 2023.

Recordamos que as bases reguladoras das axudas ao abandono da actividade establecen a seguinte orde de peferencia na concesión:

1º) Ter recoñecida a incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

2º) Solicitantes de maior idade.

Así, só resultaron beneficiarias aquelas solicitudes de transportistas con incapacidade recoñecida e as de maiores de 65 anos. Conforme se recolle na resolución provisional, as solicitudes excluídas dispoñen dun  prazo de 10 días para presentar alegacións contando a partir da data da súa publicación no BOE.

Na seguinte ligazón directa se pode consultar a relación de beneficiarios publicada na web do Ministerio, así como as solicitudes excluídas e o motivo da exclusión:

Consulta aquí a relación completa de beneficiarios

Trámite de cobro da axuda por parte das persoas beneficiarias

Pola súa banda, as persoas beneficiarias deberán agardar á publicación por parte do Ministerio de Transportes da resolución definitiva de beneficiarios para poder tramitar o cobro da axuda. Para o que é necesario que o abandono da actividade de transporte sexa efectivo.

Previsiblemente, a Resolución definitiva será publicada polo Ministerio nas próximas semanas.

Permanece atento ás redes sociais de SINERXÍAS e á nosa web para estar ó día de todas as novas do sector do transporte por estrada.

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas:

11 marzo, 2025

Reclamación Imposto Hidrocarburos Autonómico 2013-18

2 noviembre, 2024

Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana

22 octubre, 2024

Situación da folga de condutores prevista para 28 Outubro

3 octubre, 2024

Cártel dos camións: estado das demandas en España e Holanda

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Os vehículos de auxilio en estrada deberán sustituir as placas identificativas antes de final de ano Link to: Os vehículos de auxilio en estrada deberán sustituir as placas identificativas antes de final de ano Os vehículos de auxilio en estrada deberán sustituir as placas identificativas...Placas vehículos de auxilio en estradaLink to: A Comisión Europea permitirá as 44 toneladas en toda Europa e o tráfico transfronterizo dos camións euromodulares de 25,5m Link to: A Comisión Europea permitirá as 44 toneladas en toda Europa e o tráfico transfronterizo dos camións euromodulares de 25,5m A Comisión Europea permitirá as 44 toneladas en toda Europa e o tráfico transfronterizo dos camións euromodulares de 25,5mA Comisión Europea permitirá as 44 toneladas en toda Europa e o tráfico transfronterizo...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar