Novas axudas a autónomos e pequenas empresas que iniciasen actividade desde 01 de xaneiro de 2021 (TR880A)

Desde hoxe 6 de xullo ábrese o prazo para a solicitude de axudas aos autónomos, pequenas e medianas empresas e cooperativas que iniciaron a súa actividade a partir de 2021 e realicen investimentos entre 5 de novembro de 2022 e a data de presentación da solicitude da axuda.

Subvenciónanse investimentos vinculados á actividade empresarial en equipamento e/ou programas informáticos, maquinaria, mobiliario, ferramentas, bens de equipamento, reformas de local/nave, ou investimentos en eficiencia enerxética. Non son subvencionables os investimentos en elementos de transporte.

Convocatoria con código de procedemento TR880A e publicada no DOG de 05/07/2023

Características e requisitos destas axudas a novos emprendedores

Subvencións ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021.

  1. Ter o domicilio fiscal en Galicia.
  2. Figurar inscritos como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda.
  4. Ter iniciada a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de presentación da solicitude.
  5. Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial iniciado despois de 1 de xaneiro de 2021, nas seguintes materias:

1. Equipamento informático (excepto teléfonos móbiles e smartphones).

2. Activos intanxibles:

  • Adquisición da propiedade ou do dereito ao uso de programas informáticos, incluída a subscrición a software estándar do mercado durante o período subvencionable.
  • Gastos de creación e desenvolvemento de programas informáticos a medida e páxinas web, sempre que a súa utilización estea prevista durante varios exercicios, e as patentes, as licenzas e os coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual.

3. Eficiencias enerxéticas: compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético (sistemas de iluminación, ou cambios de maquinaria e instalacións).

4. Adquisición de maquinaria, ferramentas, mobiliario (mesas, cadeiras, andeis, mostradores, vitrinas, etc.), e bens de equipamento.

5. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio: obras que consisten normalmente en reparacións, decoracións ou ornatos (incluída a rotulación) que non modifican a estrutura construtiva do local.

  • Nota: Enténdese por local do negocio o centro de traballo declarado na solicitude. Queda excluído o domicilio habitual do autónomo.

A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man cumprindo unha serie de requisitos.

  • Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria, admitíndose expresamente, a estes efectos, as reformas de instalacións en inmobles alugados.
  • Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 5 de novembro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.

Terá as seguintes porcentaxes en función do investimento total realizado:

  • Con investimentos de 5.000 € a 10.000 €: 60%
  • Con investimentos de 10.001 € a 30.000 €: 50 %
  • Con investimentos de 30.001 € a 50.000 €: 40 %
  • Con investimentos de 50.001 € a 100.000 €: 30 %

Axudas en concorrencia non competitiva, suxeita ao réxime de mínimis.

Desde o 5 de novembro de 2022 ata a data da presentación da solicitude. Isto significa que, como moi tarde, na data de presentación da solicitude de axuda os investimentos subvencionables deberán estar realizados e as facturas deberán estar emitidas e pagadas.

Desde 6 de xullo de 2023 ata 29 de setembro de 2023, agás en caso que se esgotamento de crédito previo.

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas: