Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
Novas axudas a transportistas para a instalación dos tacógrafos intelixentes

Novas axudas para a instalación dos tacógrafos intelixentes de 2ª xeración, obrigatorios a partir de decembro 2024 en Internacional

O tacógrafo intelixente de segunda xeración, que montarán os camións novos que se matriculen a partir de agosto deste ano, tamén será esixible en todos os camións que fagan internacional a partir de decembro de 2024, o que obrigará aos titulares deses vehículos a realizar a súa sustitución antes desa data.

O novo programa de axudas do “Cheque Moderniza Transporte” permite aos transportistas subvencionar ata a gratuidade a sustitución obrigatoria dos tacógrafos dos seus vehículos polos novos intelixentes.

Os transportistas interesados/as poden contactar xa co DEPARTAMENTO TIC de Sinerxías para ampliar información e solicitar esta axuda, que se recomenda dar trámite o antes posible pola limitación de fondos para este programa.

Solucións subvencionables a empresas con autorización MDPE, MDLE ou OT

1. Xestión de documentos de control electrónico

Implantación de software para a xeración e utilización do eCMR e documento de control electrónico, formación en uso da aplicación e soporte técnico durante 3 meses.

  • Tipo de empresa: MDPE, MDLE e OT
  • Importe máx. da axuda segundo a dimensión da empresa:
    • Ata 3 empregados: 600€
    • Máis de 3 ata 10: 1.300€
    • Máis de 10 ata 249: 4.000€

2. Tacógrafo Intelixente de Segunda Xeración

Instalación e calibración do dispositivo no vehiculo, descarga remota e automática, formación en uso do novo tacógrafo e soporte técnico para dúbidas e incidencias por 3 meses.

  • Tipo de empresa: MDPE
  • Importe máx. axuda segundo a dimensión da empresa:
    • Ata 3 vehículos: 3.000 €
    • Máis de 3 ata 10: 7.000 €
    • Máis de 10: 12.000 €

3. Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión

Servizo técnico de integración e/o actualización dos sistemas de xestión das empresas para que ser compatibles coa xeración de documentos de control electrónicos por 1 ano. Así mesmo, formación en uso das ferramentas integradas.

  • Tipo de empresa: MDPE, MDLE e OT
  • Importe máx. axuda segundo a dimensión da empresa:
    • Ata 3 empregados: 3.000 €
    • Máis de 3 ata 10: 5.000 €
    • Máis de 10 ata 249: 7.000 €

4. Implantación de sistemas TMS/ERP

Implantación e subscrición por 2 anos (incluído o hardware necesario) de:

  1. sistemas de xestión do transporte (TMS) que inclúan xeolocalización, control da frota (custos e condutores), integración co eCMR e control do tacógrafo intelixente de 2ª xeración, e, así mesmo, formación en uso;
  2. sistemas de planificación dos recursos da empresa (ERP) que inclúan produción, compras e vendas (orzamentos, xestión de pedios, albaráns, facturación etc.) e xestión documental (facturas, documentos, eCMR, etc.), e mais formación en uso da aplicación.
  • Tipo de empresa: MDPE, MDLE e OT
  • Importe máx. axuda segundo a dimensión da empresa:
    • Máis de 3 ata 10: 2.000 €
    • Máis de 10 ata 249: 5.000 €

Características xerais do «Cheque Moderniza Transporte»

O DOG de 28 de abril de 2023 publicou Orde pola que se convocan subvencións destinadas á modernización de empresas privadas de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada, ao amparo do Real Deccreto 902/2022 de bases reguladoras publicado no BOE de 26 de outubro de 2022, financiadas con fondos Next Generation da Unión Europeo. Son en total 6 millóns de euros os que se destinarán á modernización do sector do transporte en Galicia.

O prazo de solicitude destas axudas, desde “Cheque Moderniza Transporte”, abriuse o día seguinte ao da publicación do DOG e estará vixente ata o 30 de xuño de 2024. En todo caso, sendo axudas que se outorgarán aos solicitantes en réxime de concorrencia non competitiva, recoméndase formalizar a solicitude o antes posible por razón da limitación de fondos de convocatoria, que seguramente non poida atender a todas as solicitudes que se presenten.

Beneficiarios finais das axudas

Pequenas e medianas empresas e autónomos que sexan:

  • titulares de autorizacións de transporte MDPE, MDLE, O.T., VDE;
  • presten servizos de transporte urbano de viaxeiros sen autorización;
  • e/ou interveñan no proceso de transporte de mercadorías como cargador/descargador ou expedidor/receptor.

Solucións de modernización subvencionables

  1. Xestión de documentos de control electrónicos.
  2. Tacógrafo intelixente de segunda xeración.
  3. Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión.
  4. Implantación de sistemas TMS/ERP.
  5. Implantación de sistemas SAE.
  6. Actualización de sistemas SAE.
  7. Axudas aos servizos de transporte de viaxeiros.
  8. Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos.
  9. Mellora de sistemas de ticketing.

Número máximo de solucións

Cada beneficiario poderá elixir un máximo de 2 solucións de modernización.

Incompatibilidade co Kit Digital

Para empresas de menos de 10 traballadores beneficiarias previamente do Kit Digital, son incompatibles as seguintes categorías:

  • Kit Digital «Xestión de clientes» con Cheque Moderniza solucións 8 e 9.
  • Kit Digital «Xestión de procesos» con Cheque Moderniza solucións 1, 2, 3, 4, 5 e 6″.

Contías máximas das axudas

En función da dimensión da peme benefiaria (nº de empregados ou nº de vehículos), o Anexo I das Bases Reguladoras (R.D. 902/2022) fixa os límites de axuda para cada unha das 9 categorías de solucións anteriores.

Contratación con proveedores de solucións

Recibido o Cheque Moderniza polo beneficiario final, este deberá contratar no prazo de 3 meses cun provedor de solucións previamente rexistro no Ministerio de Transportes como tal, con quen o beneficiario asinará un acordo escrito a través do cal lle cederá o dereito de cobro do importe da axuda, a cambio de que este se encargue da implantación da solución e mais a súa xustificación ante a Administración.

Rematada a implantación da solución, para o cal o provedor dispón dun prazo dun ano logo da sinatura do acordo, este emitirá ao beneficiario unha única factura, tendo este último que abonar unicamente o IVE e mais a parte da base impoñible que excesa os límites da axuda.

Prazos solicitude

Ata o 30/06/2024 ou remate dos fondos destinados a este programa.

En Sinerxías contamos con un Departamento TIC altamente cualificado que pode axudarche a buscar a solución tecnolóxica que mellor se axuste ás necesidades da túa empresa. Consulta sen compromiso!

Tamén poden ser do teu interés as seguintes axudas

30 septiembre, 2024

Axudas de 2.400€ a autónomos da provincia da Coruña

2 agosto, 2024

Axudas Igape adquisición vehículos, maquinaria e tecnoloxía

22 julio, 2024

Axudas á contratación de mulleres en empresas de transporte

15 julio, 2024

O Ministerio publica a lista de beneficiarios da axuda ao abandono de 2024

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Novo curso Manipulación de mercancías en O Porriño. 17 de Xuño Link to: Novo curso Manipulación de mercancías en O Porriño. 17 de Xuño Novo curso Manipulación de mercancías en O Porriño. 17 de XuñoLink to: Novo prazo para incorporacións na demanda contra o Cártel das Petroleiras Link to: Novo prazo para incorporacións na demanda contra o Cártel das Petroleiras Novo prazo para incorporacións na demanda contra o Cártel das Petroleiras
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar