Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

Novas axudas á contratación de mulleres en empresas de transporte: condutoras profesionais de camión ou furgón, administrativas ou axentes de transporte, operarias de carretas elevadoras.

  • Poderán acollerse ás axudas as empresas ou autónomos que contrataron desde 1 de xaneiro ou ben vaian contratar antes de 20 de outubro desde ano mulleres en ocupacións de escasa presenza feminina. Por cada contratación a xornada completa a axuda mínima será de 15.000 € e cada empresa poderá beneficiarse de ata 7 contratacións subvencionadas.
  • No ámbito do transporte, poden ser obxecto de subvención as contratacións de mulleres desempregadas nas seguintes ocupacións: condutoras de camión ou furgón, axentes de transportes, administrativas de servizos de transporte, operarias de carretas elevadoras, etc.
  • Así mesmo, inclúese unha liña adicional de axudas para a adaptación dos espazos ou postos de traballo na empresa para eliminar barreiras que impidan ou dificulten o desempeño das mulleres na empresa (aseos, vestiarios, espazos para menores, etc.), cunha subvención máxima de 10.000 €. 
  • O prazo de presentación de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, rematará o 30 de setembro de 2024.

No ámbito do transporte por estrada e actividades anexas ao transporte, poden ser obxecto de subvención ao abeiro desta orde de axudas as contratacións de mulleres desempregadas nas seguintes ocupacións vencelladas ao sector:

  • CONDUTORAS DE CAMIÓN OU FURGÓN (vehículo pesado ou lixeiro)
  • AXENTES DE TRANSPORTES
  • ADMINISTRATIVAS DE SERVIZOS DE TRANSPORTE
  • OPERARIAS DE CARRETAS ELEVADORAS

No DOG de 18/07/2024 publicouse a ORDE do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR349W).

A continuación, achégase un cadro resume deste programa de axudas á contratación de mulleres desempregadas:

PROGRAMA DE APOIO PARA A CONTRATACIÓN DE MULLERES EN OCUPACIÓNS MASCULINIZADAS E PARA A ADAPTACIÓN DE ESPAZOS NAS EMPRESAS
OBXECTOFavorecer a contratación de mulleres desempregadas na empresa ordinaria en ocupacións masculinizadas, contribuíndo á incrementar nelas as baixas taxas de ocupación feminina.
BENEFICIARIOSPersoas físicas e xurídicas (calquera que sexa a súa forma xurídica) con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, que contrataron a partir de 01/01/2024 ou contraten antes de 20/10/2024 mulleres por conta allea en ocupacións masculinizadas.
REQUISITOS
  • As mulleres contratadas deberán estar dadas de alta como demandantes de emprego.
  • As ocupacións masculinizadas son aqueles grupos ocupacionais da Clasificación CNO-11 que en 2023 reflectiron unha diferenza porcentual de polo menos 20% entre os valores de contratación masculina e feminina e segundo o cal se elabora a lista de ocupacións con subrepresentación feminina.
LIÑAS DE AXUDA E CONTÍAS
LIÑA 1: INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE MULLERES EN OCUPACIÓNS MASCULINIXADASLIÑA 2 (OPCIONAL): AXUDAS PARA A ADAPTACIÓN DOS ESPAZOS OU DOS POSTOS DE TRABALLO NA EMPRESA 
  • Os contratos de traballo deberán ser de duración indefinida a tempo completo ou parcial (mínimo 50% da xornada) ou fixo descontinuo (duración mínima de 6 meses).
  • No caso de novas contratacións, o prazo máximo para formalizalas será de 20 días hábiles desde a recepción da comunicación da concesión e, en todo caso, antes do 20 de outubro de 2024.
  • Contías da axuda:
    • A tempo completo: 15.000 €/contratación.
    • A tempo parcial: 7.500 €/contratación
    • E mais un 15% adicional acumulable: concello rural, discapacidade, maior de 45 anos, emigrante, estranxeita, persoa trans. 
  • Máximo 7 contratacións/empresa.
  • Subvencionaranse os gastos de obras de adaptación dos espazos ou dos postos de traballo na empresa para eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o desempeño das mulleres na empresa (vestiarios, aseos, espazos para menores, etc).
  • O período de realización das obras de adaptación será dende o 1 de xaneiro ao 20 de outubro e 2024.
  • Axuda máxima empresa: 10.000 €
OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
  • Comunicar o inicio dos contratos no prazo máximo de 10 días hábiles desde o comezo dos mesmos.
  • Manter á muller na empresa mínimo 36 meses, excepto baixa voluntaria ou falecemento, en cuxo caso deberá sustituíla nun prazo máximo de 15 días.
  • No caso de baixa voluntaria ou falecemento da muller traballadora substituíla nun prazo máximo de 15 días polo tempo que reste para cumprir o período de mantemento do emprego, admitíndose só unha única substitución. No resto de causas de baixa, procederase á devolución total do incentivo.
EXCLUSIÓNS
  • Os contratos de traballo realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario/a ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea aos fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas, e contrate a un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.
  • Os contratos de traballo realizados coas persoas socias ou administradoras da entidade solicitante da axuda.
  • Os contratos de traballo que se realicen con mulleres que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal, excepto que dita relación finalizase por causa dun despido recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas no artigo 49.1.g), 51 e 52.c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
INCOMPATIBLIDADESCon outras subvencións ou axudas públicas, con independencia do seu importe, para o mesmo obxecto e finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.
TIPOLOXÍA  Axudas en concorrencia non competitiva, suxeita ao réxime de mínimis.
PRAZO SOLICITUDESDe 19 de xullo ata 30 de setembro de 2024.
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Publicado o ATP 2024 Link to: Publicado o ATP 2024 Publicado o ATP 2024Link to: Convocatoria de Conselleiros de Seguridade 2024 Link to: Convocatoria de Conselleiros de Seguridade 2024 Convocatoria de Conselleiros de Seguridade 2024
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar