- Os beneficiarios dispoñen de prazo ata o 20 de outubro para achegar ao Ministerio a documentación esixida aos efectos de cobro da axuda.
Onte xoves 14 de setembro publicouse no BOE o anuncio da Dirección Xeral de Transporte Terrestre do Ministerio de Transporte do listado definitivo de transportistas autónomos por estrada beneficiarios das axudas ao abandono da actividade outorgadas en 2023.
Os transportistas beneficiarios das axudas dispoñen ata o vindeiro 20 de outubro como data límite para achegar á Administración a documentación esixida aos efectos de poder recibir o abono da axuda, conforme o establecido na Orde FOM 3218/2009 reguladora destas axudas.
O listado completo de beneficiarios e excluídos pode consultarse na web do Ministerio de Transportes, na seguinte ligazón: