Publicada a convocatoria de axudas para 2024 a transportistas autónomos de idade avanzada que abandonen a actividade, que teñen de prazo ata 12 de abril para formalizar as solicitudes.
No BOE de onte 12 de marzo publicouse o extracto da Resolución do Ministerio de Transportes pola que se convocan as axudas a transportistas autónomos por estrada de maior idade ou en situación de incapacidade que cesen na actividade en 2024. As bases reguladoras mantéñense sen cambios.
Contía da axuda
A partida orzamentaria destinada a este Plan mantense idéntica ao ano pasado, isto é, 9,7 millóns de euros, consecuencia directa da prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado, o que na práctica pódese xa estimar que deixará fóra das axudas previsiblemente a moitos solicitantes que se presenten que non cheguen aos 65 anos.
Requisitos dos beneficiarios
Como en anteriores ocasións, os requisitos para acceder a estas axudas non variaron, podendo por tanto ser beneficiarios aqueles transportistas autónomos de mercadorías ou viaxeiros:
- Que leven máis de 10 anos exercendo a actividade, por tanto dados de alta neste réxime na Seguridade Social, de xeito ininterrompido, durante os últimos 10 anos. Permitirase, non obstante, unha única interrupción por período non superior a 3 meses.
- Cunha idade mínima de 63 anos, ou ben aqueles que, sexa cal sexa a súa idade, tiveran recoñecida á data de solicitude da axuda unha incapacidade permanente total, absoluta o grande invalidez, gozando ademais estes últimos de preferencia no outorgamento das axudas en caso de que o orzamento non chegue para todas as solicitudes presentadas.
- Ser titular de xeito ininterrompido durante os últimos 10 anos dun máximo de 3 autorizacións (copias) de transporte público debendo alomenos unha estar vixente no momento da solicitude. Permítese unha única interrupción por período non superior a 3 meses. En caso de incapacidade, a vixencia da autorización esixirase á data da declaración da incapacidade.
- Non ter desaproveitado outras axudas ao abandono en anos anteriores.
Prazo e metodoloxía de presentación de solicitudes
As solicitudes e tramitación de expedientes de abandono de actividade deberán efectuarse de forma telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Transportes, e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 12 de abril (un mes en total desde a publicación no BOE).