O Plan PEL de axudas da Deputación da Coruña a pemes, autónomos e cooperativas sitas en concellos de menos de 20.000 habitantes inclúe ao transporte de mercadorías por estrada como un dos sectores preferentes
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de 19 de xaneiro de 2024 publicou os extractos coas convocatorias das distintas liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña dirixidas ás pemes, aos autónomos e ás cooperativas con sede social nesta provincia, cuxas bases reguladoras xa foran publicadas o pasado 15 de xaneiro de 2024.
De entre os criterios comúns de valoración, teñen preferencia:
- os solicitantes domiciliados nos concellos de menor poboación,
- as solicitudes formuladas por autónomos e sociedades cooperativas,
- e os sectores económicos estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia, entre estes o transporte por estrada de mercadorías (IAE 722).
En concreto, este PEL 2024 inclúe as seguintes liñas de axuda:
- PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO, que subvenciona en ata o 70% do importe dos investimentos realizados por pemes e autónomos sitos en concellos de menos de 10.000 habitantes en aplicacións informáticas, equipos informáticos, maquinaria e mobiliario por pemes e autónomos.
- PEL-AUTÓNOM@S, que subvenciona cunha contía fixa de 200 €/mes (ata un máximo de 12 meses) as cotas sociais dos autónomos residentes en concellos de menos de 20.000 habitantes, cunha antigüidade máxima de 5 anos no exercicio da actividade.
- PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN CADRO DE PERSOAL, subvencionándose a pemes e autónomos de concellos de menos de 20.000 habitantes a contratación dun traballador/a a xornada completa ou parcial por un período máximo de 12 meses, cubríndose como máximo o 70% dos custos salariais totais, co límite de 15.000 €.
- PEL-PEMES MANTEMENTO do cadro de persoal de pemes e autónomos, subvencionado a través da convocatoria de 2022 PEL-Pemes Creación e Ampliación.
O prazo para a presentación de solicitudes, que en todas as liñas deberá realizarse de modo exclusivamente telemático a través da plataforma SUBTeL https://sede.dacoruna.gal/subtel/, remata o 22 de febreiro de 2024 ás 14:00 horas.
A continuación detállanse os contidos destas catro liñas.
(PEL) | EMPRENDE INVESTIMENTO 2024 |
Finalidade | Axudas destinadas á consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial dos concellos de menos de 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables. |
Réxime | En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis. |
Beneficiarios | Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de fin de presentación de solicitudes (22/02/2024) e teñan domicilio fiscal e como mínimo un centro de traballo* nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes. |
Gastos subvencionables | Investimentos realizados pola empresa en elementos novos relacionados coa súa actividade, das seguintes contas: 206- Aplicacións informáticas Importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros. 213- Maquinaria Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos. 216- Mobiliario 217- Equipos para procesos de información Computadores e demáis conxuntos electrónicos. |
Exclusións e límites | Quedan expresamente excluídas en todos os conceptos contables as instalacións, os mantementos, portes, obras, reformas, reparacións, cubertas, carpas, alugueres, rotulacións, instalacións técnicas de climatización, iluminación ou telecomunicacións, páxinas web, hosting, dominios, mantementos das aplicacións informáticas, fundas de elementos subvencionables, protectores de pantalla, subscricións anuais, canóns, elementos de transporte, material funxible, prendas textís, artigos de decoración, espellos, televisores, reloxos intelixentes, elementos de iluminación, aparellos de climatización, sistemas de seguridade, telefonía, teléfonos móbiles e routers. Límites: No caso de computadores, o importe máximo imputable por computador será 2.000 € (s/IVE), incluídos os periféricos. En tabletas, o importe máximo imputable será 500 € (s/IVE). |
Contías | A contía da axuda será do 70% sobre o investimento realizado, que deberá ser mínimo 3.500 € e máximo 25.000 €. |
Requisitos do proxecto | Conservar os investimentos realizados na empresa durante 2 anos dende a data de adquisición do ben. |
Tramitación | Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/. |
Prazos |
|
–
(PEL) | AUTÓNOMOS 2023 |
Finalidade | Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas. |
Réxime | En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis. |
Beneficiarios | Persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria (08/02/2023) desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro, e reúnan os seguintes requisitos:
Exclusións: fican fóra destas axudas autónomos colaboradores e societarios. |
Gastos subvencionables | Cotas mensuais de autónomos ao ano 2023 que non teñan ningún tipo de axuda, subvención, bonificación ou calquera outro concepto similar. |
Contías | Contía fixa de 200 €/mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses (mínimo de 6 meses) correspondentes ao período subvencionado 2023. |
Requisitos do proxecto | Adquirir o compromiso de estar dado de alta e manter a actividade como mínimo ata o 31 de decembro de 2024 así como ter seis mensualidades obxecto de subvención dentro do período subvencionable (ano 2024). |
Tramitación | Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/. |
Prazos |
|
–
(PEL) | PEMES – CREACIÓN E AMPLIACIÓN CADRO DE PERSOAL 2023 |
Finalidade | Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, domiciliadas en concellos de menos de 20.000 habitantes. |
Réxime | En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis. |
Beneficiarios | Pemes e autónomos promotores de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de fin do prazo de presentación de solicitudes (22/02/2024) e reúnan os seguintes requisitos:
|
Gastos subvencionables | Custos da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2024. Deberán ser contratacións iniciadas en 2024 cunha duración mínima de 6 meses. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da anualidade 2023. Nota: Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios (conta 640), incluídas as cotas patronais á Seg. Social (conta 642), así como outros gastos sociais (conta 649) relativos á prestación por IT a cargo da empresa e a indemnización fin de contrato. |
Contías | Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dunha persoa traballadora durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 70% dos custos salariais totais, co límite de 15.000€ para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial. |
Requisitos do proxecto | Manter o nivel de emprego existente na empresa beneficiaria, desde a data de finalización do prazo de presentación das solicitudes (22/02/2024) e durante todo o período subvencionado. Para tal efecto enténdese que cumpre coa obriga de mantemento cando o número de traballadores da empresa na data de finalización do período subvencionado sexa maior ao existente no momento de finalización do prazo de presentación das solicitudes (22/02/2024). No caso daquelas contratacións realizadas antes da data de finalización do prazo de presentación das solicitudes (22/02/2024), a obriga do mantemento do emprego na empresa será desde o momento da contratación do/a traballador/a subvencionado/a e ata a finalización do período subvencionado. |
Tramitación | Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/. |
Prazos |
|
–
(PEL) | PEMES – MANTEMENTO 2024 |
Finalidade | Axudas para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023. |
Réxime | En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis. |
Beneficiarios | Pemes e autónomos beneficiarios da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2024 e que con anterioridade anterioridade á data de publicación da convocatoria (19/01/2024) manteñan o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes. |
Gastos subvencionables | Custos salariais do mantemento no ano 2024 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023, que foi creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de PEL-Pemes Mantemento 2024. O período subvencionableserá de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2024), polo que se subvencionarán exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social a cargo da entidade correspondente aos meses do mantemento da contratación durante os 12 meses incluídos dentro da anualidade 2024. Nota: Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios (conta 640), incluídas as cotas patronais á Seguridade Social (conta 642), así como outros gastos sociais (conta 649) relativos á prestación por Incapacidade Temporal a cargo da empresa e a indemnización fin de contrato. |
Contías | Cada empresa poderá solicitar a subvención para o mantemento do posto de traballo indefinido durante un período de 12 meses na anualidade 2024 por un importe máximo do 50% dos custes estimados do mantemento da contratación. A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custes estimados do mantemento da contratación co seguinte límite:
|
Requisitos do proxecto | Manter o nivel de emprego existente na empresa beneficiaria, desde a data de finalización do período subvencionado en PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023 e durante todo o período subvencionado 2024. Para tal efecto enténdese que cumpre coa obriga de mantemento cando o nº de traballadores da empresa na data de finalización do período subvencionado PEL-PEMES Mantemento 2024 sexa igual ao existente na finalización do período subvencionado da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023. |
Tramitación | Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/. |
Prazos |
|