Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
CAP ONLINE con SINERXÍAS. Escolle o teu grupo, de fin de semana ou de entre semana.

Novas edicións do curso CAP 100% ONLINE: grupo de entre semana e grupo de fin de semana. Ti escolles!

Lanzamos as novas edicións do curso de CAP Renovación ONLINE, para que podas escoller o horario que mellor se axuste ó teu estilo de vida: grupo semana ou grupo fin de semana.

Traballamos por ofrecer as mellores solucións ao sector do TRANSPORTE, escoitando as necesidades e opinións dos nosos clientes e compañeiros.

A modalidade virtual de renovación do CAP ofréceche a posibilidade de realizalo mentras estás en ruta ou desde a túa casa e facilitar a conciliación coa familia no teu tempo libre.

Cada vez son máis os condutores que demandan este tipo de formación, pola comodidade, polos horarios e sobre todo porque a calidade do curso segue sendo a mesma.

Somos conscientes de que realizar 35 horas de formación logo das longas xornadas de traballo no camión, supón un esforzo importante para ti. Pero ó mesmo tempo é imprescindible para poder continuar traballando, xa que as sancións por conducir coa tarxeta CAP caducada son graves. Así que, qué mellor maneira que realizar o curso CAP que coa opción máis cómoda e flexible posible? O curso CAP Virtual de SINERXÍAS.

Grupo de semana ou grupo de fin de semana?

As opcións son as seguintes:

1. 🎯  GRUPO SEMANA

📆 Se realiza de luns a venres, comezando o luns 12 de xuño e finalizando o mércores 21 de xuño.

⌚ Horario: 18:00 – 22:35h

Duración total: 8 xornadas de curso

2. 🎯 GRUPO FIN DE SEMANA

📆 Se realiza sábados e domingo, comezando o sábado 17 de xuño e finalizando o sábado 01 de xullo.

⌚ Horario: 07:30 – 15:00h

Duración total: 5 xornadas de curso

Aula virtual

Clase Online Aula VirtualA aula virtual é un entorno formativo similar ó do curso presencial que realizaches sempre. Os alumnos e os profesores interactúan en tempo real na aula, poderás consultar as dúbidas que teñas, comentar o que consideres oportuno e realizar os exercicios de simulación coa comodidade da presencilidade. A única diferenza é que en vez de necesitar desplazarte a un centro de formación, como poden ser as nosas sedes de Porriño, Santiago ou Ourense, podes atender á clase dende a cabina do teu camión, dende a casa ou onde ti te atopes cómodo.

Soamente necesitas ter acceso a internet e un dispositivo que che permita conectarte o tempo que dura o curso.

Dudas frecuentes sobre o CAP Continuo en Modalidade Virtual

Contidos do Curso

Os contidos co CAP de Renovación Online son os mesmos que en modalidade Presencial:

  • Módulo 1: Formación avanzada sobre Condución Racional, basada nas Normas de Seguridade. 
  • Módulo 2: Aplicación da Regulamentación.
  • Módulo 3: Saúde, Seguridade Vial e Medioambiental, Servizo e Loxística. 

Custo do Curso

O custo do curso en SINERXÍAS é de 199€*, que se pode bonificar a través dos seguros sociais da empresa, cun gasto de xestión neste caso de 49€.

*O prezo non inclúe a tasa de expedición da tarxeta e a tramitación da mesma, que son 34€.

No caso de que unha mesma empresa inscriba a varios alumnos no curso, a tasa de xestión da formación bonificada só se cobrará unha vez.

Quén necesita facer o CAP Continuo?

Poderán realizar o curso CAP Continuo Online:

  • Aqueles condutores en posesión de permisos de condución C1, C1+E, C, C+E, D1, D1+E, D, D+E.
  • Teñan en vigor o carnet de condución correspondente para cada tipo de vehículo.
  • Que teñan realizado o curso CAP Inicial* e lles caduque a tarxeta nos próximos 365 días, ou xa esté caducada.

*Os condutores que transporten viaxeiros (D1, D1+E, D, D+E) e obtuveran o carnet de conducir antes do 11 de setempro de 2008 e os condutores que transporten mercadorías (C1, C1+E, C, C+E) e obtuveran o carnet de conducir antes do 11 de setembro de 2009 non precisan realizar o exame de CAP Inicial, soamente deben realizar a formación continua ou CAP Continuo.

Aqueles condutores que teñan o Título de Técnico en Conducción de Vehículos de Transporte por Estrada, tampouco necesitan realizar o CAP Inicial, soamente o CAP Continuo ou de Renovación, cada 5 anos.

Hai que facer un exame no CAP Continuo?

O curso de formación continua ou renovación pretende a actualización dos coñecementos dos condutores que xa dispoñen do CAP.

Non é necesario realizar de novo o exame que regulan as Comunidades Autónomas para poder obter o certificado de aptitude profesional.

Para poder aprobar o curso de Renovación ou CAP Continuo, é necesario asistir a 35 horas teóricas, e non é necesario facer ningún exame, soamente asistir ao curso. A formación, xa sexa en aula virtual (online) ou presencial, é obrigatoria, polo que non se pode faltar ningunha hora.

Qué documentación teño que aportar?

A documentación que necesitas para matricularte no curso CAP Renovación Online é:

  • DNI
  • Carnet de conducir en vigor
  • Tarxeta CAP
  • Fotografía tipo carnet actual

Qué dispositivo podo empregar para facer o CAP Online?

Podes empregar un portátil, unha tablet ou incluso o teu teléfono móbil si é de nova xeración (smartphone). O único que precisas é ter conexión a internet no tempo que dure cada clase, que teña cámara e micrófono, e poder adicarlle o tempo necesario. É dicir, non é válido que vaias conducindo mentras estás no curso, porque pode considerarse una distracción e incluso conlevar unha sanción por parte das autoridades.

Inscricións

Para inscribirte ou recibir máis información a cerca do curso CAP Renovación Online podes poñerte en contacto con calquera das oficinas de SINERXÍAS:

  • Santiago: 881 243 859
  • Porriño: 986 169 268
  • Ourense: 988 989 033

ou por correo electrónico escribindo a: info@sinerxias.gal

Comparte esta información si coñeces a alguén a quen poda interesarlle
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Implántanse os primeiros Protocolos fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo en pequenas empresas do sector do Transporte Link to: Implántanse os primeiros Protocolos fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo en pequenas empresas do sector do Transporte Implántanse os primeiros Protocolos fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo...Link to: CEPSA amplia a nosa rede de Estacións de Servizo Preferentes de máximo desconto Link to: CEPSA amplia a nosa rede de Estacións de Servizo Preferentes de máximo desconto CEPSA amplía a nosa rede de estacións de servizo preferentes de desconto máximoCEPSA amplia a nosa rede de Estacións de Servizo Preferentes de máximo de...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar