Publicada a convocatoria de Conselleiros de Seguridade para 2023

O 28 de xullo remata o prazo de inscrición para as probas dirixidas á obtención ou renovación do título de Conselleiro de Seguridade para o transporte de mercadorías perigosas.

Quen desexe chegar ás probas coa mellor preparación pode anotarse no curso que organiza SINERXÍAS, que comezará o 01 de setembro.

Tramitación de instancias e data das probas

O DOG de 28 de xuño publicou a Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do Certificado de Conselleiro de Seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.

As persoas interesadas na obtención ou renovación do título dispoñen de prazo ata o 28 de xullo para tramitar telemáticamente a instancia que dá dereito a participar nas probas.

As probas terán lugar previsiblemente no mes de novembro deste ano 2023 (data exacta e lugar aínda sen concretar).

Curso preparatorio en Sinerxías. Comezo: 01 de setembro

Coa finalidade de dotar da mellor preparación posible ás persoas inscritas para estas probas, SINERXÍAS organiza o curso de formación máis completo, na modalidade online (aula virtual), que dará comezo o venres 1 de setembro, e se desenvolverá todos os venres en horario de tarde-noite ata a data do exame. O prazo de inscrición para o curso de Conselleiro de Seguridade 2023 xa está aberto.

O custo do curso poderá bonificarse das cotas á Seguridade Social.

En qué supostos as empresas deberán contar cun conselleiro de seguridade?

O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente coa figura do Conselleiro de Seguridade:

  1. Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independientemente do nº de viaxes que se realice ao ano).
  2. Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, excepto que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operación de descarga de forma expresa.
  3. Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.).
  4. Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que conteñen amianto, terras contaminadas, etc.).

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas: