O Boletín Oficial de Pontevedra (BOPPO) acaba de publicar as novas táboas salariais do Convenio Colectivo de Transporte de 2022 actualizadas co IPC real dese ano, debendo abonarse a diferencia ao persoal asalariado no primeiro trimestre deste ano 2023.
Actualización da táboa salarial 2022 segundo o IPC real
O BOPPO do 21 de marzo de 2023 publicou o acordo da Comisión Paritaria Negociadora do Convenio Colectivo do transporte público de mercadorías de Pontevedra, de revisión e actualización de táboas salariais do ano 2022, por causa do maior incremento no IPC de 2022 (o real foi do 5,70% fronte ao 1,75% previsto como referencia).
Conforme o acordado pola Comisión, se o IPC real de 2022 resultase superior ao 1,75%, a Comisión Paritaria do convenio reuniríase, tan pronto teña constancia dese detalle, para confeccionar unha nova táboa salarial correspondente a dito ano 2022, que serviría de base para calcular o incremento do soldo para anos sucesivos.
En aplicación da mesma, unha vez feito público o IPC de 2022 no 5,70%, procede realizar unha actualización á alza, en virtude do cal a Comisión acorda a actualización das táboas, cuxos importes concretos por categoría se mostran na parte inferior desta páxina.
Abono das diferenzas ao persoal asalariado. Exemplo práctico
Unha vez actualizadas as táboas salariais do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías, o acordo da Comisión Negociadora é que o diferencial se abone ao persoal asalariado con efectos dende o 1 de xaneiro de 2022, dentro do primeiro trimestre de 2023.
Exemplo ilustrativo
Para a categoría do persoal condutor-mecánico, o salario base de 2022 ascende de 1.149,31 euros a 1.193,92 euros, por tanto a suba neste caso é de 44,61 euros. Tendo en conta que o Convenio establece un total de 15 pagas, a cantidade a abonar ao empregado sería:
- Polas diferenzas de 2022 (1.193,92€ – 1.149,31€) x 15 pagas = 669,15 euros
Adicionalmente, debemos actualizar o salario de marzo de 2023 conforme a táboa actualizada e abonar tamén as diferenzas de xaneiro e febreiro de 2023:
- Diferenzas resultantes de xaneiro e febreiro 2023 (1.193,92€ – 1.149,31€) x2 pagas = 89,22€
- En definitiva, para regularizar a débeda co empregado, a empresa debe abonarlle a cantidade total de 758,37 euros.
Convenio Transporte de Mercadorías por Estrada da provincia de Pontevedra 2022
Persoal Superior e técnico/as
- Persoal Superior e Técnicos/as
- Xefe/a de Servizo
- Inspector/a Principal
- Enxeñeiros/as e Licenciados/as
- Enxeñeiros/as Técnicos/as e Aux. Titulados/as
- Axudantes Técnicos/as Sanitarios/as
- Mes
- 1.671,66
- 1.491,15
- 1.553,21
- 1.242,97
- 1.152,73
Persoal Administrativo/a
- Persoal Administrativo/a
- Xefe/a de Sección
- Jefe/a de Negociado
- Oficial de Primeira
- Oficial de Segunda
- Auxiliar administrativo/a
- *Aspirantes de 16 e 17 anos
- Mes
- 1.285,57
- 1.210,02
- 1.142,91
- 1.066,55
- 1.023,62
- Salario Minimo s/idade
Persoal de Axencias de Transporte
- Persoal de Axencias de Transporte
- Encargado/a Xeral
- Encargado/a de Almacén
- Capataz
- Auxiliar de Almacén e basculeiro/a
- Mozo/a Especializado/a
- Mozo/a Carga, Descarga e Reparto
- Mozo/a especializado/a- carretilleiro/a
- Mes
- 1.318,23
- 1.268,02
- 1.217,88
- 1.064,49
- 1.109,63
- 1.081,67
- 1.109,63
Persoal Transporte de Mercadorías
- Persoal Transporte de Mercadorías
- Xefe/a de Tráfico de Primeira
- Xefe/a de Tráfico de Segunda
- Xefe/a de Tráfico de Terceira
- Condutor/a-Mecánico/a
- Condutor/a
- Condutor/a-repartidor/a
- Condutor/a de Motocicletas e Furgonetas
- Axudante
- Mozo/a Especializado/a
- Mozo/a especializado/a- carretilleiro/a
- Mes
- 1.318,23
- 1.268,02
- 1.217,98
- 1.193,92
- 1.160,50
- 1.193,92
- 1.137,61
- 1.112,19
- 1.109,63
- 1.109,63
Persoal Transporte de Mobles, Mudanzas e Gardamobles
- Persoal Transporte de Mobles, Mudanzas e Gardamobles
- Xefe/a de Tráfico
- Inspector/a-Visitador/a
- Encargado/a Almacén e Gardamobles
- Capataz
- Capitonista
- Mozo/a Especializado/a
- Mozo/a
- Carpinteiro/a
- Condutor/a-Mecánico/a
- Condutor/a
- Condutor/a de Motocicletas e Furgonetas
- Mes
- 1.318,23
- 1.268,02
- 1.217,88
- 1.217,88
- 1.127,81
- 1.127,81
- 1.081,67
- 1.193,92
- 1.193,92
- 1.160,50
- 1.137,61
Persoal de Talleres
- Persoal de Talleres
- Xefe/a de Taller
- Encargado/a ou Contramestre
- Encargado/a Xeral
- Encargado/a de Almacén
- Xefe/a de Equipo
- Oficial de Primeira
- Oficial de Segunda
- Oficial de Terceira
- Mozo/a de Taller
- *Traballador/a en Formación
- Mes
- 1.372,54
- 1.208,15
- 1.185,49
- 1.148,58
- 1.221,89
- 1.182,66
- 1.141,24
- 1.106,00
- 1.011,54
- Salario Minimo s/idade
Persoal Subalterno
- Persoal Subalterno
- Cobrador/a de Facturas
- Telefonista
- Porteiro/a
- Vixiante
- Limpador/a
- *Botóns de 16 e 17 anos
- Mes
- 1.019,60
- 1.019,60
- 1.019,60
- 1.019,60
- 960,76
- Salario Minimo s/idade
Se tes algunha dúbida sobre cánto lle corresponde aos teus empregados, e cómo declarar este abono, recordámosche que en Sinerxías temos persoal especializado en temas fiscais e estaremos encantados de axudarche a resolver esta xestión.