Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
Novo prazo para incorporacións na demanda contra o Cártel das Petroleiras como novo reclamante ou incorporar máis litros
  • Co pretexto da difícil situación derivada da guerra en Ucraína, moi probablemente as prácticas ilegais de cártel entre as principais petroleiras españolas intensificaron os seus efectos dende que se iniciou o conflicto bélico.
  • Neste escenario, o Fondo de Litigación contratado por Fenadismer, decidiu abrir unha nova fase para a posible adhesión de novas empresas á demanda colectiva presentada contra as petroleiras. Esta fase tamén inclúe a posibilidade de que as empresas que xa formaban parte da demanda sumen á súa reclamación as facturas correspondentes dos últimos meses.

En qué consiste o Cártel das Petroleiras e por qué se pode reclamar?

A oportunidade de demandar ás petroleiras fundaméntase nas sucesivas resolucións sancionadoras impostas pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia contra as principais petroleiras que operan en España.

En concreto son Repsol, Cepsa e BP, que realizaron prácticas restritivas da competencia ao alterar o prezo final dos carburantes vendidos nas estacións de servizo. Isto permite reclamar o consumo de todos estes anos, por non ter prescrito o dereito a reclamar.

Xa que a reclamación conleva actuacións xudiciais e documentais complexas, e o resultado dependerá do que finalmente resolvan os Tribunais, Fenadismer formalizou no 2020 unha alianza cun Fondo Internacional de Litigación (KPMG) especializado neste tipo de reclamacións que financia íntegramente o proceso.

Quén pode reclamar e contra qué petroleiras?

Poderán reclamar todas aquelas empresas ou autónomos, que tiveran repostado desde 2006 en estacións de servizo mediante tarxetas de combustible de Repsol, Cepsa, BP, Galp, Agip, Shell, Disa e Dipsa.

Para poder formar parte desta reclamación, podes pertencer ao sector do transporte ou a calquera outro sector económico.

Así, nesta 3ª fase poderán entrar:

  1. Empresas que xa se adheriron á demanda nunha fase anterior, achegando as facturas de carburante desde o último período reclamado ata abril de 2023.
  2. Empresas que aínda non se adheriran á demanda polo Cártel das Petroleiras, poderán achegar as súas facturas desde 2006 ata abril de 2023.

Soamente é posible reclamar polos consumos realizados en gasolineiras, non se inclúen depósitos de autoconsumo.

Qué custo ten para unha empresa transportista unirse á demanda?

De igual modo que nas duas fases anteriores, a interposición da demanda por parte de calquer transportista é totalmente gratuíta. Todos os custos (incluídos os xudiciais) son soportados polo Fondo de Litigación. 

Como contraprestación, a cambio de financiar íntegramente todos os custos derivados do proceso (xudiciais, peritaxes, etc.), a empresa reclamante deberá ceder os dereitos da reclamación ao Fondo de Litigación. E, en caso de éxito, éste percibiría aproximadamente o 60% da cantidade gañada no pleito, descontados os gastos do proceso, que xa foron sufragados polo Fondo.

Prazo para unirse á demanda colectiva: 31 de maio 2023

0Dias0Horas0Minutos

FacturaComo continuación ás 2 anteriores demandas interpostas por sobreprezo nos carburantes contra as principais petroleiras que operan no Estado español, o Fondo Internacional de Litigación que leva este procedemento decidiu abrir unha terceira fase. Os datos que ten logo da súa investigación indican de que a concertación de prezos entre as petroleiras continúan, baixo o pretexto da situación internacional derivada da guerra de Ucraína.

As duas fases anteriores foron promovidas a finais de 2020 e mediados de 2022. Xa se incorporaron máis de 4.000 empresas transportistas cuxas demandas actualmente están en estado de tramitación xudicial. Espérase que se poida ditar sentenza nos próximos meses en relación ás indemnizacións esixidas, que alcanzarán os 15.000 euros por camión, máis os intereses legais que correspondan.

Establécese como prazo límite ata o 31 de maio para a comunicar a SINERXÍAS o teu interese firme en participar da demanda e asinar o conseguinte contrato co Fondo Internacional de Litigación.

Qué documentación se debe aportar?

Facturas do carburante repostado con tarxetas en EE.SS dende 2006

Os novos reclamantes deberán achegar as facturas que teñan de consumo de carburante desde 2006 ata abril de 2023. Os que xa se adheriran ao procedemento nunha fase anterior, as facturas que teñan dende a última reclamación que presentaron ata a actualidade.

As facturas deberán presentarse en formato dixital e ordenadas por petroleira e período, non sendo necesarios os desgloses, simplemente a folla (xeralmente de gasto mensual) na que figura o volume total de litros e máis o importe total.

No caso de querer que che realicemos a xestión co Fondo de Litigación, en SINERXÍAS nos encargamos de preparar toda a documentación necesaria.

Sinatura de contrato de cesión a favor do Fondo de Litigación

(Só novos reclamantes)

A empresa ou autónomo deberá asinar un contrato de cesión da reclamación en favor do Fondo de Litigación, para que poida reclamar no seu nome. Tamén se designará o número de conta bancaria para que se lle realice o abono pertinente cando finalice o proceso xudicial.

Documentación identificativa da empresa reclamante

(Só novos reclamantes)

  • En caso de persoas físicas (autónomo): copia do NIF, e NIF do/a cónxuxe no suposto de estar casados en réxime de ganaciais.
  • En caso de sociedades: copia do CIF, NIF do representante legal e poderes de representación.

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas:

Destacada Exentos gasóleo profesional axuda
18 septiembre, 2023

Os transportistas exentos do gasóleo profesional poden solicitar desde hoxe a axuda ao combustible do 2º semestre de 2023

Rebaixanse os indices de variacion do prezo do gasoil para o calculo das tarifas de transporte
30 junio, 2023

Rebáixanse os índices de variación de prezo do gasóil a aplicar para o cálculo das tarifas de transporte

26 junio, 2023

Os transportistas excluídos do gasóleo profesional comezaron a cobrar a axuda do gasóil

19 mayo, 2023

Novo prazo para incorporacións na demanda contra o Cártel das Petroleiras

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Novas axudas directas a transportistas para a instalación dos tacógrafos intelixentes Link to: Novas axudas directas a transportistas para a instalación dos tacógrafos intelixentes Novas axudas directas a transportistas para a instalación dos tacógrafos ...Aberto o prazo para a solicitude de axudas para a instalación dos novos tacógrafos intelixentesLink to: Café Informativo en VERÍN: Novas axudas e estado de reclamacións en transporte Link to: Café Informativo en VERÍN: Novas axudas e estado de reclamacións en transporte Café Informativo. Evento con transportistas da provincia de Ourense para falar de axudas e reclamacións, coa participación de Alberto Vila. O día 03 de xuño, ás 11:30h, en VerínCafé Informativo en VERÍN: Novas axudas e estado de reclamacións en tran...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar