Café Informativo Porriño: ESTADO RECLAMACIÓNS
O 23 de abril organizamos un encontro con transportistas da provincia de Ourense, para informar sobre o estado das reclamacións ou demandas colectivas que realizaron, en especial as seguintes:
- Demanda Patrimonial de devolución do imposto ilegal denominado céntimo sanitario.
- Cártel de camións.
- Cártel de petroleiras.
Alberto Vila ten información de primeira man e acceso á recén estreada aplicación que permite consultar a partir da matrícula do teu vehículo, o proceso no que se atopa a túa reclamación.
Queremos que sintas a confianza para poder realizar calquera consulta ou xestión que necesites, polo que este será o primeiro dunha serie de eventos similares no que conversaremos coma amigos, sen presa, e consultando cada caso particular.
A temática é seleccionada tendo en conta as necesidades informativas que demandan os nosos clientes, de modo que si hai outro tema que che interese, non dubides en contárnolo e buscaremos aos profesionais que podan ofrecer a mellor información ao respecto.
Nós invitamos ao café e poñemos algo para picar, pero sen ti non somos nada, eres o motivo do noso traballo!
Agradecemos que te inscribas previamente para poder organizarnos e que ninguén se quede sen atender correctamente.
Información:
🏫 Sinerxías Porriño
Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º O Porriño (Pontevedra)
📆 Domingo 23 de abril
🕑 12:00h
💰 Gratuito
Inscricións:
Podes vir directamente á nosa oficina de Porriño o día 23 de abril ao «Café Informativo: Estado Reclamacións», ou ben indicarnos que te avisemos para futuras edicións pinchando en «reservar» por correo electrónico ou chamando por teléfono.
📞 986 169 268
📧 info@sinerxias.gal
Reservas
As reservas están pechadas para este evento.