Curso CAP Renovación Cangas

Curso CAP Renovación (Cangas)

Curso CAP Renovación (Cangas)

Cuándo

abril 15, 2023 - abril 29, 2023    
7:30 am - 3:00 pm

Reservas

Reservas cerradas

Dónde

Tipo de evento

A Certificación de Aptitude Profesional (CAP) é imprescindible para poder traballar como condutor profesional nunha empresa de transporte público por estrada, xa sexa de mercadorías ou de viaxeiros.

A tarxeta CAP ten en unha vixencia de 5 anos. Polo que, transcurrido este prazo, tes que realizar o curso de formación continua para actualizar os teus coñecementos nun centro autorizado:

  • si es condutor profesional que superou a formación inicial CAP,
  • si obtiveches o CAP pola antigüidade do teu permiso de condución,
  • en ambos casos debes ter o permiso de conducir en vigor,
  • podes comprobar a data de caducidade na túa tarxeta.

 

Anverso Tarxeta CAP - Tarxeta de Cualificación do Condutor España Reverso Tarxeta CAP - Tarxeta de Cualificación do Condutor España

O curso CAP de Renovación en Cangas:

  • debe realizarse antes de que transcurran 5 años dende a expedición do CAP inicial ou da última renovación 
  • pode realizarse dentro dos 12 meses anteriores á data de caducidade da tarxeta CAP

 

Contidos do curso:

  1. MÓDULO: Formación avanzada sobre a Condución Racional, basada nas Normas de Seguridade.
  2. MÓDULO: Aplicación da Regulamentación.
  3. MÓDULO: Saúde, Seguridade Vial e Medioambiental, Servizo e Loxística.

 

Información:

🏫 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
📆 15, 16, 22, 23 e 29 de abril
🕑 Sábados e domingos de 07:30 a 15:00h = TOTAL 35h
📍 Modalidade Presencial
💰 Custo bonificable en cotas á Seguridade Social da empresa.

 

Como todas as accións formativas que levamos a cabo para renovar o certificado de aptitude profesional, o curso CAP de Renovación en Cangas ofrece a opción de pagarse a través do crédito asignado a formación bonificada que teñen as empresas. Isto significa que, en relación ao que cada empresa paga polos seus empregados á Seguridade Social, se lle asigna unha cantidade que anualmente pode adicar á formación do seu persoal. É relevante saber que de non consumir este crédito a final de ano, non é acumulable co do ano seguinte, senón que se perde.

 

Custo do curso:

  • Tasa Emisión nova tarxeta CAP: 23,18 euros
  • O envío da tarxeta ao domicilio do/a condutor/a supón un 50% máis sobre o custe da tasa, quedando finalmente a tasa de emisión da tarxeta CAP en: 34,74 euros
  • Curso CAP + Tasa: 225 euros
  • Xestión da formación bonificada: 49 euros

 

Inscricións:

Podes anotarte directamente ao curso CAP de Renovación en Cangas, ou ben indicarnos que te avisemos para futuras edicións pinchando no botón «reservar» que verás a continuación nesta páxina, por correo electrónico ou chamando por teléfono.

📞 986 169 268 / 688 835 548 
📧 info@sinerxias.gal

Reservas

As reservas están pechadas para este evento.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *