Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

O Ministerio de Facenda publica a Orde de módulos para 2024 e a próxima semana concretará se mantén o límite dos 125.000€ para poder seguir acollido.

  • O Ministerio de Facenda mantén para o próximo ano idénticos importes dos módulos de anos anteriores relativos a persoal empregado e capacidade dos vehículos, pero reducindo do 15 ao 5% a redución xeral no rendemento neto.
  • A próxima semana, seguramente o martes 26, o Goberno confirmará previsiblemente se prorroga por sétimo ano consecutivo o actual límite de facturación de 125.000€ para poder continuar acollido ao réxime de módulos.

O Ministerio de Facenda publicou no BOE de onte xoves 21 de decembro a Orde HFP/1359/2023, de 19 de decembro, pola que se desenvolven para o ano 2024 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto Sobre o Valor Engadido, coloquialmente denominado réxime de módulos.

Esta Orde establece para 2024 os importes económicos dos módulos das diferentes actividades empresariais acollidas a dito réxime, entre outras as diferentes actividades do transporte por estrada, mantendo idénticos importes aos que se veñen aplicando nos últimos anos, tanto no que atinxe a persoal empregado e capacidade dos vehículos como ao límite máximo de vehículos de transporte que poden incluirse en dito réxime, que continúa establecido en 4 vehículos para transporte de mercadorías e 5 vehículos para o transporte de mensaxería.

Sen embargo, a diferenza do ano pasado en que se elevou a redución xeral no rendemento neto excepcionalmente ao 15% para axudar aos autónomos a reducir o impacto da actual situación económica, para este ano 2024 queda establecida en só o 5% sobre o rendemento neto dos módulos.

A próxima semana confirmarase o límite para seguir acollido en 2024

O Goberno aínda non concretou oficialmente se prorrogará por sétimo ano consecutivo o actual límite de facturación para poder continuar acollido no réxime de módulos o próximo ano, quedando esta confirmación previsiblemente para o próximo martes 26 de decembro, día en que o Consello de Ministros aprobará o Real Decreto-Lei de prórroga de medidas anticrise.

En todo caso, 2024 será o último ano no que previsiblemente perviva o réxime de módulos, do que durante estes anos se viron favorecidos máis de 30.000 transportistas autónomos, e que será sustituído por un novo réxime de tributación simplificada ao abeiro do establecido nas Directivas europeas sobre fiscalidade.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: As tarxetas de condutor no novo tacógrafo intelixente GEN2v2 Link to: As tarxetas de condutor no novo tacógrafo intelixente GEN2v2 As tarxetas de condutor no novo tacógrafo intelixente GEN2v2Link to: Confirmado o límite módulos para 2024 e fin bonificación 5 cts Link to: Confirmado o límite módulos para 2024 e fin bonificación 5 cts Confirmado o límite módulos para 2024 e fin bonificación 5 cts
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar