Fenadismer alerta que empresas cargadoras poidan estar instando a transportistas lixeiros a realizar transporte internacional de mercadorías de xeito ilegal sen cumprir os requisitos obrigatorios desde maio
- Como é sabido, desde maio do presente ano os transportistas de vehículos lixeiros de máis de 2,5 Tn de masa máxima que pretendan realizar transporte internacional deben estar en posesión de licenza comunitaria.
- Para axilizar a tramitación destas licenzas comunitarias, o Ministerio de Transportes sustituiu a necesidade de acreditar os requisitos necesarios para a súa obtención por unha simple declaración responsable asinada polo transportista.
- Fenadismer alerta que esta simplificación do procedemento puidera estar a ser mal utilizada por moitas empresas cargadoras para instar aos seus transportistas lixeiros colaboradores a obter ilegalmente a licenza comunitaria, malia non cumpriren o requisito de competencia profesional, incorrendo deste xeito en posible delito de falsidade documental.
Ante o previsible volume de transportistas lixeiros afectados pola nova regulación, o Ministerio de Transportes estableceu un procedemento áxil e simplificado de solicitude da licenza comunitaria durante este ano 2022, eximindo aos transportistas de achegar á administración os documentos acreditativos dos requisitos esixidos para a súa obtención, de xeito que simplemente achegando unha declaración responsable acreditativa de que os cumpren xa lles emitían a licenza comunitaria. A presentación de dicha declaración supón que o transportista recoñece de facto que cumpre tanto co requisito de competencia profesional como os relativos ao establecemento, honorabilidade e capacidade económica esixidos.
En troques, a federación de pemes e autónomos FENADISMER vén de alertar que puido constatar que este procedemento simplificado de tramitación da licenza administrativa para traballar na Unión Europea está servindo a empresas cargadoras para instar aos seus transportistas colaboradores a obter ilegalmente ditas licenzas comunitarias sen cumprir co requisito de competencia profesional, utilizando ao efecto a cooperación necesaria de determinadas xestorías especializadas que proceden a tramitar as licenzas sen advertir aos transportistas interesados de que a sinatura de dita declaración sen cumprir os requisitos é simplemente ilegal e implica incorrer nun posible delito penal por falsidade documental.
En todo caso, a comprobación do cumprimento de ditos requisitos levarase a cabo pola Comunidade Autónoma de residencia do transportista con ocasión do visado que se levará a cabo en 2023, sen prexuízo das posibles inspeccións de control de cumprimento dos requisitos que se leven a cabo durante este ano.