Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

Reclama a devolución do imposto de hidrocarburos autonómico soportado no gasóil entre 2013 e 2018 non recuperado pola vía do gasóleo profesional

  • A declaración de ilegalidade deste imposto polo Tribunal de Xustiza europeo en 2024 abre a porta a que os transportistas que o pagaron e non o recuperaron totalmente pola vía do gasóleo profesional poidan reclamar a súa devolución.
  • A Asociación VIEIROS pechou un acordo cun prestixioso despacho xurídico especializado neste tipo de procedementos que facilita aos interesados a interposición da demanda nunhas condicións económicas moi favorables.
  • Prazo límite para formalizar a reclamación: 30 Abril.

Como seguramente saberás, en maio de 2024 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou ilegal o recargo autonómico do imposto de hidrocarburos que estivo vixente en España desde 2013 a 2018, imposto creado no seu día en sustitución do “céntimo sanitario” tamén declarado ilegal previamente, que estivo vixente ata 31 de decembro de 2012.

Este imposto tivo distintas contías durante os seus 6 anos de existencia en cada Comunidade Autónma, e na maior parte dos casos o seu importe foi devolto aos titulares de vehículos de MMA superior a 7,5 toneladas pola vía do gasóleo profesional. No seguinte cadro móstrase o valor deste imposto e a cantidade que se podía recuperar a través do gasóleo profesional:

(Nomenclatura: I.H.A.: Imposto Hidrucarburos Autonómico; D.G.P.: Devolución por Gasóleo Profesional; * Desde 01/02/2014, ** Desde 01/04/2015)

Como se pode ver, quen respostou en Galicia non puido recuperar en 2013 e 2014 1,2 cént.€/l. Andalucía, Catalunya, Estremadura e Madrid tampouco devolveron integramente o imposto.

Todos os autónomos e sociedades titulares de vehículos de transporte, xa sexan de servizo público ou de servizo privado, tanto de vehículos pesados como lixeiros, que consumiron carburante gasóleo A entre 2013 e 2018, que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

Quen pode reclamar a devolución do Imposto Autonómico de Hidrocarburos?

A) Consumos non suxeitos a recuperación do IHA por gasóleo profesional por algún do seguintes motivos:

  • Vehículos de MMA  non superior a 7,5 toneladas.
  • Vehículos non dados de alta no Censo do Gasóleo Profesional.
  • Repostaxes realizadas en depósitos de carburante non comunicados informaticamente coa Axencia Tributaria.

B) Consumos suxeitos a recuperación do IHA por gasóleo profesional

  • Vehículos con consumos superiores a 50.000 litros/ano.
  • Repostaxes realizadas nas seguintes CC.AA. e períodos: GALICIA (de 01/01/2013 a 31/12/2014: 0,012 €/l); ANDALUCÍA (01/01/2013 a 31/12/2015: 0,048 €/l); CATALUNYA (de 01/01/2013 a 31/01/2014: 0,048 €/l); ESTREMADURA (de 01/01/2013 a 31/12/2015: 0,048 €/l); e MADRID (de 01/01/2013 a 31/01/2013: 0,017 €/l).

Como e contra quen interpoñer a reclamación?

A estratexia xurídica a seguir vai ser a interposición por parte de cada empresa reclamante da reclamación de responsabilidade patrimonial do Estado lexislador, se ben non se descarta a posibilidade de interpoñer unha demanda civil contra as petroleiras en caso de enriquecimento inxusto. A tal efecto, a ASOCIACIÓN VIEIROS UNIDADE GALEGA DE TRANSPORTISTAS asinou un acordo cun prestixioso despacho especialista neste tipo de procedementos, cuxa actuación será coordinada desde os servizos xurídicos de SINERXÍAS.

Que custo ten interpoñer a demanda?

  • Custo inicial: mínimo variable por vehículo + poder notarial para pleitos.
  • En caso de éxito: 25% das cantidades recuperadas.

A onde dirixirse para formalizar a reclamación, documentación necesaria e prazos

As persoas interesadas en interpoñer a reclamación de responsabilidad patrimonial do Estado polo imposto de hidrocarburos autonómico declarado ilegal deberán dirixirse a calquera das oficinas de SINERXÍAS nos teléfonos 986169268 (O Porriño), 881243859 (Santiago) e 988989033 (Ourense) ou ben solicitalo por mail a info@sinerxias.gal.

A documentación que deberá prepararse e achegar, con data límite 30 de abril, é a seguinte:

  • Folla de encargo cuberta e asinada.
  • Facturas de carburante gasóleo A ordenadas e desglosadas por matrículas e estacións.
  • Excel cuberto cos consumos.
  • Informe de devolucións gasóleo profesional 2013-2018 por matrículas.
  • Documentos identitarios de empresa reclamante: en caso de autónom@s, NIF da persoa autónoma; de sociedade, CIF, poder de representación, NIF representante/s.

DATA LÍMITE PARA INTERPOÑER RECLAMACIÓNS: 30 ABRIL

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana Link to: Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar