Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
Flexibilizase a entrada en vigor do TACO GEN2

Flexibilízase a entrada en vigor do novo tacógrafo intelixente de segunda xeración, obrigatoria nos vehículos matriculados desde hoxe 21 de agosto de 2023

Retraso na homologación por parte dos fabricantes

Os dous principais fabricantes de tacógrafos en Europa (Continental e Stoneridge) acumularon un importante retraso no proceso de homologación do seu novo tacógrafo intelixente de segunda xeración (TACO GEN2). A consecuencia disto, o problema recae nos vehículos novos adquiridos polas empresas transportistas nestas últimas semanas e meses que están pendentes de matriculación – por razón de carrozado ou outras-, xa que aínda non veñen equipados con este novo TACO GEN2 e por tanto non cumprirían co Regulamento UE 2021/1228, que como todos os regulamentos europeos son de obrigado cumprimento por todos os países da UE.

Para solucionar esta situación, o Ministerio de Transportes, Industria e a DGT acordaron habilitar un réxime extraordinario de prematriculación antes do 21 de agosto para os vehículos identificados polas marcas e fabricantes en situación de dificultade de entrega de vehículos dotados co TACO GEN2 que será debidamente informado pola DGT e que, unha vez completada a súa matriculación, que deberá realizarse en todo caso antes de 31 de decembro de 2023, constará que foron matriculados con data anterior a 21 de agosto. De feito, aparecerá como data de primeira matriculación no permiso de circulación o 18 de agosto malia que na práctica se matriculen posteriormente.

En todo caso, as empresas transportistas que adquiriron vehículos nesta situación non deberán facer ningún tipo trámite, sendo as marcas e fabricantes os que formalizarán en conformidade coa DGT o procedemento de matriculación extraordinaria.

Novo tacógrafo intelixente de segunda xeneración de VDO
Novo tacógrafo intelixente de segunda xeneración de Stoneridge

O TACO GEN2 tamén se esixirá en todos os vehículos de internacional en 2025

Así mesmo, o Rglto. UE 2020/1054 establece tamén a obrigatoriedade de montar o TACO GEN2 nos vehículos que realizan transporte internacional matriculados con anterioridade a 21 de agosto de 2023, sustituíndo por tanto o dispositivo co que estean en cada caso equipados por este novo tacógrafo, debendo cumprir cos seguintes prazos:

  • Os vehículos equipados con tacógrafos analóxicos e tacógrafos dixitais distintos do TACO GEN1 deberán ser montar o TACO GEN2 antes de 31 de decembro de 2024.
  • Os vehículos equipados con tacógrafos intelixentes GEN1 deberán ser montar o TACO GEN2 antes de 21 agosto de 2025.

Nota: O TACO GEN1 vén montado nos vehículos matriculados a partir de xullo de 2019.

Axudas públicas para instalar o TACO GEN2

O Ministerio de Transportes mobilizou unha partida orzamentaria específica denominada CHEQUE MODERNIZA para subvencionar a instalación deste novo tacógrafo, así como para apoiar outras solucións tecnolóxicas que desexen implantar as empresas transportistas, que distribuiu entre as Comunidades Autónomas.

No caso de Galicia, a Xunta xa publicou no DOG a súa convocatoria de axudas do CHEQUE MODERNIZA para as empresas transportistas galegas, que dispoñen dunha partida orzamentaria de 6,2 millóns de euros, e cuxo prazo de tramitación de solicitudes xa está aberto.

As empresas transportistas interesadas en acollerse a estas axudas para montar o novo tacógrafo ou calquera outra solución tecnolóxica, teñen á súa disposición ao Dpto. TIC SINERXÍAS.

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas:

11 marzo, 2025

Reclamación Imposto Hidrocarburos Autonómico 2013-18

2 noviembre, 2024

Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana

22 octubre, 2024

Situación da folga de condutores prevista para 28 Outubro

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: O Ministerio publica a primeira relación de empresas cargadoras e intermediarias con sancións firmes por morosidade Link to: O Ministerio publica a primeira relación de empresas cargadoras e intermediarias con sancións firmes por morosidade O Ministerio publica a primeira relación de empresas cargadoras e intermediarias...Link to: Se fas internacional, é o momento de solicitar a axuda para montar o novo tacógrafo Link to: Se fas internacional, é o momento de solicitar a axuda para montar o novo tacógrafo Se fas internacional, é o momento de solicitar a axuda para montar o novo ...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar