A Interbiak, empresa pública que xestiona os peaxes en Bizkaia, realiza descontos de ata o 25% ao transporte pesado de mercadorías nas estradas N-240 e BI-625, beneficiando aos vehículos pesados menos contaminantes.
Si empregas un dispositivo de pago Via T ou de telepeaxe, os arcos de control realizarán o cargo correspondente de forma automática. Para outros métodos de pago, deberás rexistrarte na plataforma Bidesaria e asociar a túa matrícula a una tarxeta bancaria.
Tarifas reducidas para os vehículos menos contaminantes
Se aplicará un desconto dun 13% sobre a tarifa da peaxe diferenciando o tipo de vehículo pesado. Entendemos por PESADO, os vehículos cun peso máximo autorizado superior a 3,5 toneladas e que se atopen dentro dos seguintes grupos:
- Pesados I: peso máximo autorizado superior a 3,5T e menor de 12T.
- Pesados II: peso máximo autorizado igual ou superior a 12T.
A maiores, establecéronse 3 tipos de descontos para os vehículos pesados eficientes, é dicir, os menos contaminantes en función do tipo de motor e o seu nivel de emisións:
- Desconto do 25% para vehículos pesados eléctricos, híbridos e propulsados por gas, vehículos con etiqueta O e ECO da clasificación da DGT.
- Desconto do 20% para vehículos pesados EURO 6.
- Desconto do 15% para vehículos pesados EURO 5.
Estradas e tramos con desconto
O 25 de xaneiro entrou en vigor o pago por uso para vehículos de máis de 3,5T en Bizkaia, así como as reduccións aos vehículos máis eficientes que se axusten ás últimas normas EURO sobre emisións máximas.
En concreto, os puntos de pagamento son os seguintes:
– Na estrada N-240 activaronse 9 arcos de control colocados entre os PK55 – PK23: Usansolo, Bedia, Apario, Igorre Norte, Igore Sur, Arantzazu, Zeanuri, Barazar por Otxandio.
– Na estrada BI-625 activaronse 8 arcos de control situados entre os PK372 – PK387 en sentido Bilbao-Áraba, e PK560 – PK310 en sentido contrario: Arakaldo, Zollo, Bakiola, Ugao-Miravalles, Polígono de Lapatza, Irubide por Galdakao. / Irubide, Basauri, Arrigorriaga, Zaratamo, Ugao-Miraballes, Bakiola, Zollo, Arakaldo.
O programa Bidesaria establece tamén os seguintes descontos para vehículos pesados de transporte por estrada:
- Nas tarifas da VSM (Variante Sur Metropolitana)
- Nas tarifas da AP-8 polo uso combinado coa AP-8 Galdakao límite con Gipuzkoa e a AP-8 Bilbao-Saturtzi.
Funcionamento dos descontos por uso
Se aplicará o desconto que corresponda, segundo o típo de vehículo pesado e o seu índice de contaminación, sobre o custo da peaxe cando se realicen 20 ou máis viaxes durante o mes natural empregando as vías indicadas. Esto significa:
- N-240: 180 ou máis pasos polos puntos de control.
- BI-625: 160 ou máis pasos polos puntos de control.
Cumplindo este requisito, e sempre e cando os pagamentos se abonen co mesmo método de identificación de pago (para poder contabilizalos), os descontos aplicaránse dende o primeiro paso.
O ingreso dos descontos será aboado con carácter mensual e a mes vencido, na conta que esté vinculada ao método de pago elixido por cada condutor ao rexistrarse na plataforma Bidesaria.
Cómo beneficiarse dos descontos
Para poder ser beneficiario destes descontos, debes rexistrarte na web de Interbiak, cumplimentar os datos persoais e de contacto que che requiren, indicar a información da matrícula do teu vehículo e asocialo á túa conta, e vincular o método de pagamento que vaias a empregar (Vía T / telepeaxe ou tarxeta bancaria).
Unha vez enviada a túa solicitude, e recibido o email de resolución da mesma, a aplicación dos descontos realizarase dende o mesmo mes en que se reciba a solicitude.
O enlace directo á plataforma Bidesaria, para realizar o rexistro na Interbiak é este.