O Kit Digital é unha axuda do Goberno de España para que empresas do transporte, e outros sectores, invirtan en servizos, ferramentas ou solucións tecnolóxicas que lles permitan avanzar no seu proceso de dixitalización.
A vantaxe desta subvención respecto a outras similares é que se lle abona directamente ao «axente dixitalizador» que vai realizar o traballo, cubrindo un 100% do custe do servizo, polo que a persoa ou entidade contratante soamente ten que abonar o IVE que corresponda pola factura emitida.
A cantidade concedida atópase entre os 2.000 e os 12.000 €, en función do número de traballadores que teña a organización.
A continuación explicámosche en detalle as bases de esta axuda, e as solucións que ofrece no sector do transporte.
Qué servizos inclúe o Kit Dixital?
No ámbito empresarial da loxística e o transporte de mercadorías atopamos procesos xeralmente manuais ou mecánicos de vital importancia que son moi difícilmente sustituibles, coma a conducción do vehículo ou a carga da mercadoría. Nestes casos o obxectivo da tecnoloxía é a mellora da seguridade ou a comodidade no traballo.
Sen embargo, atopamos tarefas tradicionamente analóxicas que evolucionan fácilmente hacia un sistema máis informatizado ou incluso automatizado. Solucións tecnolóxicas que axudan a simplificar procesos, reducir tempo e aforrar diñeiro:
- Reducción de gastos mediante a implementación de sistemas de recollida rápida de información como a custodia e análise do tacógrafo.
- Automatización de procesos grazas á descarga remota, que programamos de maneira automática.
- Comunicación e información accesible e eficaz que permitan tomar mellores decisións de ruta coas aplicacións de xestión de rutas e frotas, ordes de traballo a condutores, localización de vehículos, a consulta en tempo real de tempos de conducción e descanso, ou a carta de porte electrónica.
- Eficiencia a medida con ferramentas informáticas de oficina configuradas segundo as necesidades da túa entidade, como programas de contabilidade ou a informatización de almacéns e depósitos.
- Publicidade. Ofrecer unha imaxe profesional tamén no mundo dixital coa xestión presenza online da túa marca cunha páxina web, ou perfís nas diferentes redes sociais.
Recorda que ao participar neste proceso de transformación dixital es ti quen escolle as solucións que mellor se adapten ás necesidades da túa propia empresa.
Quén o pode pedir?
Este programa está dirixido a empresas coma a túa, xa sexas autónomo ou teñas unha pequena ou mediana empresa en España.
O programa Kit Digital dispón as seguintes condicións:
- Ser unha empresa con máximo 49 traballadores.
- Estar en situación de alta e ter unha antigüidade mínima de 6 meses.
- Non ter consideración de empresa en crise.
- Estar ao corrente das obligacións tributarias e frente á Seguridade Social.
- Non infrinxir ningunha das prohibicións previstas na Ley General de Subvenciones.
- Non estar suxeito a unha órde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea.
- Non superar o límite de axudas mínimis, que ascende a 200.000 euros.
- Dispoñer da avaliación do nivel de madurez dixital segundo o test de diagnóstico dispoñible na platataforma Acelera pyme.
Cánto diñeiro podo recibir?
A convocatoria clasifica as empresas que poden percibir a axuda do Kit Digital e a cantidade de diñeiro ó que poden obtar cada unha delas segundo tres categorías diferentes:
- Segmento
- I
- II
- III
- Tamaño da empresa
- 10 > 50 empregados
- 3 > 10 empregados
- 0 > 3 empregados
- Importe do Bono Dixital
- 12.000 €
- 6.000 €
- 2.000 €
SEGMENTO 1
Na primeira categoría se atopan as pequenas compañías, que teñen de 10 a 49 traballadores, e supoñen aproximadamente unhas 150.000 empresas en toda España. O importe do bono dixital dirixido a estas organizacións é de 12.000 euros.
SEGMENTO 2
Nesta categoría están aquelas pequenas empresas ou microempresas que teñan entre 3 e 9 traballadores. O importe do bono dixital dirixido a estas organizacións é de 6.000 euros, e aproximadamente contamos con 1.101.600 compañías en España pertencentes a este grupo.
SEGMENTO 3
Esta categoría recolle as microempresas de 1 a 3 traballadores. É o segmento máis abundante do país, con máis de 1.600.000 empresas e autónomos que poden solicitar a axuda. A cantidade do bono dixital para as entidades desde grupo é de ata 2.000 euros.
Categorías
Categorías | Segmento III | Segmento II | Segmento I | Fase 1 | Fase 2 |
---|---|---|---|---|---|
Sitio web e presenza en internet | 2.000€ | 2.000€ | 2.000€ | 70% | 30% |
Comercio electrónico | 2.000€ | 2.000€ | 2.000€ | 70% | 30% |
Xestión de redes sociais | 2.000€ | 2.500€ | 2.500€ | 40% | 60% |
Xestión de clientes | 2.000€ (1 usuario) | 2.000€ (1 usuario) | 4.000€ (3 usuarios) | 70% | 30% |
Business Intelligence e Analítica | 1.500€ (1 usuario) | 2.000€ (1 usuario) | 4.000€ (3 usuarios) | 70% | 30% |
Servizos de oficina virtual | 250€ / usuario, ata 2 usuarios | 250€ / usuario, ata 9 usuarios | 250€ / usuario, ata 48 usuarios | 70% | 30% |
Xestión de procesos | 500€ (1 usuario) | 2.000€ (3 usuarios) | 6.000€ (10 usuarios) | 70% | 30% |
Factura electrónica | 500€ (1 usuario) | 1.000€ (3 usuarios) | 1.000€ (3 usuarios) | 70% | 30% |
Comunicacións seguras | 125€ / usuario (2 usuarios) | 125€ / usuario (9 usuarios) | 125€ / usuario (48 usuarios) | 70% | 30% |
Ciberseguridade | 125€ / dispositivo (2 dispositivos) | 125€ / dispositivo (9 dispositivos) | 125€ / dispositivo (48 dispositivos) | 70% | 30% |
Qué teño que facer para solicitar o Kit Digital?
Os pasos que debes dar para solicitar o bono dixital son os seguintes:
- Rexistrarte como empresa na «área privada» da plataforma AceleraPyme. No formulario de rexistro pediranche os datos relativos á túa compañía e a súa actividade profesional. Unha vez rematado o rexistro recibirás unha notificación por email para que podas acceder á plataforma cunha contraseña da túa elección.
- A continuación tes que realizar o test de diagnóstico de madurez dixital. Para realizar o test recoméndase dispor ao menos de 10 minutos. Está formado por 13 preguntas que permitirán diagnosticar, se o teu negocio ten unha valoración moi baixa (de 0 a 3), baixa (de 4 a 6), alta (de 7 a 9) ou moi alta (10 ou máis).
- Ademáis do test express, a plataforma Acelera Pyme pon á túa disposición outras ferramentas que che proporcionan unha visión completa dos ámbitos máis relevantes para a transformación dixital da túa empresa:
- estratexia dixital
- organización dixital
- infraestructura e tecnoloxía
- ciberseguridade
- relación cos clientes
- comercialización
- procesos de negocio
- procesos de soporte
- O seguinte paso será consultar o catálogo de solucións dixitais e escoller a/s que mellor se adapten ás necesidades do téu proxecto.
- Finalmente tramita o formulario de solicitude da axuda Kit Digital, na sede electronica de Red.es
- Unha vez che aproben a concesión do bono dixital, terás que decidir con quén queres levar a cabo as accións de dixitalización. Ponte en contacto cun axente dixitalizador do teu agrado e suscribe o acordo/contrato de prestación de servizos para comezar o teu proceso de transformación.
Aínda que somente o test express é obrigatorio para pedir o Kit Dixital, recomendámosche realizar os diferentes análises de AceleraPyme para axudarche a definir estratexias de negocio a futuro, comparar a posición coa competencia, e en definitiva: facilitar o proceso de toma de decisións.