Neste ano 2023 volta o visado das autorizacións de transporte público de mercadorías e operadores de transporte

  • Realizarase no mes que corresponda segundo o último díxito do NIF/CIF. 
  • Os lixeiros que realizan transporte internacional tamén deberán visar e acreditar cumprir todos os requisitos, incluída a competencia profesional. 

tarjeta de transporteComo consecuencia da pandemia, o Goberno decretou en xullo de 2020 en pleno confinamento pola Covid-19, a prórroga de diferentes trámites administrativos, entre os cales estaba o visado das autorizacións de transporte. Esta prórroga supuxo alongar a vixencia das autorizacións un ano máis, é dicir, ata 2023.

Por tanto, este ano recupérase a normalidade do visado con periodicidade bianual, de modo que as autorizacións de transporte de mercadorías a partir de agora visarán nos anos impares e as autorizacións de transporte de viaxeiros farano nos anos pares.

Como se recordará, conforme o calendario fixado no seu día polo Ministerio de Transportes, o visado deberá realizarse no mes que corresponda en función do último número de identificación fiscal do titular da autorización de transporte a visar, polo que en consecuencia este mes de xaneiro corresponderá visar a todos os titulares de autorizacións de transporte de mercadorías e operadores de transporte cuxa terminación acabe en 1, e así sucesivamente os seguintes meses agás agosto:

MES →

XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
Último Nº do NIF da empresa titular da autorización1234567SEN VISADO890SEN VISADO

Visado das autorizacións de lixeiro que realizan transporte internacional

Por outra banda, aqueles transportistas lixeiros que realizan transporte internacional que tiveron que solicitar a licenza comunitaria en 2022 como consecuencia das novas esixencias establecidas no Paquete de Mobilidade aprobado pola Unión Europea, deberán ter en conta que dita autorización internacional ten limitada a súa validez a 1 ano, polo cal deberán renovala no mes en que lle corresponda realizar o visado da súa autorización de transporte neste ano 2023, momento en que o Servizo de Transportes da Xunta de Galicia comprobará o cumprimento de todos os requisitos esixidos para a súa obtención. É dicir, deberán acreditar que seguen cumprindo o requisito de competencia profesional (ben a nome propio ou ben contratando a un xestor), o establecemento, honorabilidade e capacidade económica (neste caso, 1.800 € polo primeiro vehículo e 900 € por cada un dos seguintes).