O Goberno flexibiliza o uso do tacógrafo no sector da construción eximindo do uso ás formigoneiras e ao transporte privado complementario de maquinaria
Hoxe martes 20 de setembro publicouse no BOE o Real Decreto 729/2022, de 6 de setembro, polo que se modifica o anterior Real Decreto 640/2007 polo que se establecen excepcións á obrigatoriedade das normas sobre tempos de condución e descanso e o uso do tacógrafo no transporte por estrada, que entra en vigor mañá mércores 21 de setembro.
As principais novas excepcións son as seguintes:
- Transporte de formigón preamasado en vehículos especialmente fabricados ao efecto integramente comprendidos nun radio de 100 km arredor do centro de explotación da empresa titular ou arrendataria do vehículo.
- Transporte privado complementario de maquinaria de construción para unha empresa de construción realizado mediante vehículos ou conxunto de vehículos dentro dun radio de 100 km arredor do centro de operacións da empresa, sempre que a condución dos vehículos non constitúa a actividade principal do condutor.
- Transporte realizado nas cIdades autónomas de Ceuta e Melilla. Sen embargo, no caso das illas mantense a excepción só para as illas máis pequenas (as de superficie menor de 250 km2).
Ademais das anteditas, prodúcense lixeiras modificacións nas xa existentes. Na seguinte ligazón pódese consultar o contido íntegro das excepcións actualizadas polo novo Real Decreto publicado do BOE: www.boe.es/boe/dias/2022/09/20/pdfs/BOE-A-2022-15287.pdf
.
REVISIÓN DOS TACÓGRAFOS
Ademais, establécese que todas as excepcións establecidas neste Real Decreto 729/2022, así como as recollidas no Regulamento CE 561/2006, non afectarán ao cumprimento das obrigas sinaladas na regulamentación vixente en materia de instalación e revisión periódica do tacógrafo no caso dos vehículos que estean obrigados a instalar e utilizar dispositivos de limitación de velocidade, de conformidade co Real Decreto 1417/2005, de 25 de novembro, polo que se regula a utilización, instalación e comprobación do funcionamento de dispositivos de limitación de velocidade en determinadas categorías de vehículos, cando o sinal de velocidade de ditos dispositivos proceda do tacógrafo.