O curso preparatorio para as probas de 2023 preparatorias para o título de Competencia Profesional de xestor de transporte comezará o 1 de febreiro
O próximo 1 de febreiro comezará o curso preparatorio de SINERXÍAS para as probas oficiais de 2023 da Xunta de Galicia conducentes á obtención do título de Competencia Profesional de Xestor de Transporte, coñecido historicamente como Título de Transportista.
Para facilitar a aprendizaxe ás persoas interesadas de forma que poidan realizar a formación desde a súa casa ou desde o seu camión, o curso desenvolverase integramente na modalidade online, de forma que o alumno/a poderá acceder a todo o temario e aos test e supostos prácticos de exame a través da plataforma de teleformación, tendo á súa disposición un titor para a resolución de todo tipo de dúbidas ou consultas.
Ademais, o curso completarase con videoclases en tempo real de cada un dos capítulos do temario, impartidas por docentes con ampla experiencia impartindo esta formación.
A primeira convocatoria de probas de 2023 terá lugar previsiblemente en maio, polo cal é de grande importancia comezar o curso o antes posible, para deste xeito chegar ao exame coa mellor preparación posible.
Por último, recordar que desde a última modificación da Lei é requisito indispensable, para aquelas persoas que desexen obter este título, estar previamente en posesión do título de bacharelato ou F.P. de grado medio (equivalentemente, C.O.U. ou F.P. II).
Os interesados/as poden contactar xa con calquera das oficinas de SINERXÍAS para ampliar información ou directamente formalizar a inscrición.