Coa chegada de 2023 serán de aplicación novas restricións no transporte de mercadorías co Reino Unido, completándose asó o Brexit no transporte

Bexit UESegundo a información recibida polo Ministerio de Transportes procedente do Goberno británico, desde o próximo 1 de xaneiro de 2023 suprímense algúns dos dereitos recoñecidos ás empresas de transporte da Unión Europea cando entran no Reino Unido, dereitos que se prorrogaron de forma transitoria para mitigar o impacto no transporte que podería derivar dun Brexit duro.

En concreto, a partir de 1 de xaneiro queda prohibido para transportistas da U.E.:

  • Facer operacións de cabotaxe en territorio británico.
  • Facer transporte combinado.
  • Facer transporte triangular levando mercadoría a un país que non sexa da U.E.

Non obstante, para poder seguir realizando estas operacións de transporte pódense tramitar as correspondentes autorizacións CEMT.