Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

O condutor xa non poderá cargar e descargar as mercadorías a partir de 2 de setembro, agás nas excepcións establecidas por lei.

O próximo 2 de setembro entrarán en vigor de forma íntegra as importantes modificacións sobre a carga e descarga das mercadorías na Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT) e na Lei 15/2009, de 11 de novembro, de Contrato de Transporte, aprobadas a través do Real Decreto-Lei 3/2022, de 1 de marzo, de sostenibilidade do transporte e mais o Real Decreto-lei 14/2022, de 1 de agosto, que aproba a nova Lei de Cadea de Transporte.

Así, o 2 de setembro de 2022 será xa de aplicación a nova disposición adicional décimo terceira na LOTT que establece literalmente que os coductores de vehículos de transporte de mercadorías de máis de 7,5 Tn de masa máxima autorizada non poderán participar nas operacións de carga ou descarga das mercadorías nin dos seus soportes, envases, contedores ou xaulas, excepto nunha serie de sopostos. Elimínase así a previsión que existía ata agora na Lei do “salvo pacto pacto en contrario”, que lle daba cobertura legal a que os condutores puideran cargar e descargar en todos os casos.

Esta norma é de aplicación a todas as operacións de carga e descarga que se efectúen en territorio español, sexan transporte interior ou transporte internacional con orixe ou destino o estado español.

.

EXCEPCIÓNS

Da norma xeral referida no apartado anterior, exceptúanse os seguintes de sopostos: 

a) Transporte de mudanzas e gardamobles.

b) Transporte en vehículos cisterna.

c) Transporte de áridos ou o efectuado en vehículos basculantes ou provistos de grúa ou outros dispositivos inherentes ao vehículo destinados a realizar as operacións de carga e descarga.

d) Transporte en portavehículos e grúas de auxilio en estrada.

e) Transporte de carga fraccionada entre o centro de distribución e o punto de venda, servizos de paquetería e calquera outros semellantes que impliquen a recollida ou reparto de envíos consistentes nun reducido nº de bultos que poidan ser facilmente manipulados por unha persoa.

A efectos desta letra, entenderase por transporte de carga fraccionada aquel no que resulten necesarias operacións previas de manipulación, grupaxe, clasificación, ou outras semellantes.

Un condutor poderá participar na descarga dos transportes de carga fraccionada entre un centro de distribución e o punto de venda sempre que:

  • dita actividade non afecte ao seu período de descanso diario ou, no seu caso, sempre que se leve a cabo dentro da súa xornada laboral diaria,
  • e sempre que tal operación lle permita regresar ao centro operativo habitual de traballo ou ao seu lugar de residencia.

Non obstante, poderá participar na carga e descarga dos transportes de carga fraccionada entre un centro de distribución e o punto de venda, o entre o punto de venda e un centro de distribución sempre que, ademais da condición anterior, dita actividade se efectúe no marco dun contrato de duración igual ou superior a un ano entre o cargador e o porteador.

f) Transporte de animais vivos, nos postos de control aprobados de conformidade coa normativa comunitaria, sen prexuízo das responsabilidades establecidas na normativa sobre a protección dos animales durante o seu transporte.

g) Supostos nos que a normativa reguladora de determinados tipos de transporte estableza especificamente outra cousa en relación coa participación do conductor.

h) Os supostos que regulamentariamente se establezan, garantíndose a seguridade do condutor.

.

INFRACCIÓNS POR INCUMPRIMENTO

Tipifícase como infracción moi grave a realización das operacións de carga ou descarga polo condutor do vehículo contravindo as limitacións que resulten de aplicación de conformidade con esta lei.

Presúmese que a responsabilidade por dita infracción corresponde tanto á empresa transportista, baixo cuxa dirección actúe o condutor do vehículo, como ao cargador, expedidor, intermediario e destinatario que interveñan no transporte. Sancionaranse con multa de 4.001 a 6.000 euros.

.

A CARGA E A DESCARGA FACTURARASE INDEPENDENTE DO PREZO DO TRANSPORTE

Así mesmo, a Lei de Cadea de Transporte, de recente aprobación a través do R.D.-lei 14/2022 que modifica a Lei 15/2009 do contrato de transporte terrestre, nos seus art. 10bis e 20, establece que cando a empresa transportista asuma conforme a lei as operacións de carga e descarga:

1º) Na carta de porte deberá figurar o prezo acordado polo transporte, así como os gastos derivados das operacións da carga e descarga, excepto en caso de que consten noutro documento contractual por escrito.

2º) A contraprestación pactada por estas operacións deberá reflexarse na factura de modo diferenciado respecto do prezo do transporte.

.

O PREZO DA CARGA E A DESCARGA DEBERÁ CUBRIR OS SEUS CUSTOS

Ademais, esta nova Lei de Cadea de Transporte tamén establece que o prezo e os gastos relacionados co transporte deberán cubrir o total de custos efectivos individuais de carga e descarga das mercadorías soportados ou asumidos polo porteador para a prestación dos servizos.

En consecuencia, naqueles supostos legais en que o condutor da empresa transportista deba asumir as operacións de carga e descarga, o prezo que se acorde entre o transportista e o cargador pola realización destas operacións non poderá ter un valor testimonial, senón que debe cubrir os custos efectivos da súa realización, que loxicamente terán como umbral mínimo o custo de persoal que a empresa transportista soporta polo tempo efectivo de duración destas operacións.

Ademais, en boa lóxica, tampouco debería ser inferior ao custo da paralización, que como é sabido ascende en contía ao valor dobre do IPREM/día vixente en cada momento (na actualidade 38,60 €), tal como establece a Lei do contrato de transporte terrestre de mercadorías, no seu art. 22.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Facebook
  • X
  • LinkedIn
  • Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Publicada e en vigor a nova Lei de Cadea de TransporteNova lei cadea de transporteExcepcións uso tacografoNovas excepcións no uso do tacógrafo en España
Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar