O Goberno autoriza que os vehículos pesados poidan seguir circulando por Pedrafita unha vez cheguen as neves.
A Subdelegación do Goberno en Lugo confirmou publicamente no día de onte que cando cheguen as neves a Pedrafita os camións pesados poderán seguir circulando pola vila, sen necesidade de verse obrigados a desviarse pola estada N-120 que une Monforte con Valdeorras e Ponferrada. Agora ben, desde o Goberno séguese recomendando (xa non obrigando) o desvío dos vehículos pesados pola N-120. Por tanto, a circulación queda así: