O Goberno prorroga 6 meses o incremento do impacto do gasóil na fórmula da cláusula de revisión do prezo en función do combustible
O Real Decreto-lei 20/2022, de 27 de decembro, aprobado polo Consello de Ministros, coas medidas adoptadas para dar resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína, que foi publicado no BOE do pasado día 28 de decembro incluiu tamén a medida adoptada polo Goberno de manter durante 6 meses máis (é dicir, durante todo o primeiro semestre de 2023), o incremento nun 10% do impacto do gasóil no fórmula para a determinación do incremento a aplicar nas tarifas polos servizos de transporte ante as variacións no prezo do carburante, para todo tipo de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.
De conformidade co dispuesto no artigo 38 da Lei 15/2009, de 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías, coa coñecida fórmula de cálculo, a percentaxe de repercusión queda do seguinte xeito:
TIPO DE VEHÍCULO OU CONXUNTO DE VEHÍCULOS | ÍNDICE DE REPERCUSIÓN (I.R.): INCREMENTO OU DECREMENTO A APLICAR NAS TARIFAS DE REFERENCIA SEGUNDO A PORCENTAXE DE SUBA OU BAIXADA DO PREZO DO GASÓLEO |
VEHÍCULO OU CONXUNTO DE MMA SUPERIOR A 20 TN | 0,4 (Provisionalmente ata 30/06/2023) |
0,3 (Índice recollido en Orde FOM/1882/2012) | |
VEHÍCULO OU CONXUNTO DE MMA ENTRE 3,5 E 20 TN E CAMIÓNS DE OBRAS | 0,3 (Provisionalmente ata 30/06/2023) |
0,2 (Índice recollido en Orde FOM/1882/2012) | |
VEHÍCULOS DE MMA ATA 3,5 TN | 0,2 (Provisionalmente ata 30/06/2023) |
0,1 (Índice recollido en Orde FOM/1882/2012) |
Convén recordar que o contido da coñecida fórmula de indexación: ΔP = (G x P x I.R.) / 100
- ΔP = cantidade en que o porteador poderá incrementar o prezo contratado na súa factura;
- G = índice de variación do prezo medio do gasóleo feito público pola Administración entre o momento en que se contratou o transporte e aquel en que se realizou efectivamente;
- P = prezo de referencia do transporte establecido ao contratar;
- I.R.= Índice de repercusión a aplicar segundo a táboa anterior.