Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

O Goberno prorroga o desconto de 20 céntimos para o transporte profesional para o 1º trimestre de 2023 e fíxao de 10 céntimos para o 2º trimestre.

  • camion repostandoEstablécese ata marzo a bonificación para o sector de 20 cts/litro e fíxase unha rebaixa de 10 cts/litro para o segundo trimestre de 2023, sen prexuízo de que se realice un seguimento da medida.
  • A axuda por cada litro de gasóleo consumido abonarase ao remate de cada mes de aplicación, xunto a devolución parcial do imposto sobre hidrocarburos. Por outra banda, a parte do sector que non se pode beneficiar da devolución do gasóleo profesional percibirá a axuda nun único pagamento, estimándose un determinado consumo por cada tipo de vehículo entre 1 de xaneiro e 30 de xuño de 2023.

Onte mércores 28 de decembro publicouse no BOE o Real Decreto-lei 20/2022, de 27 de decembro, coas medidas adoptadas para dar resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína. De entre as medidas que se recollen neste Real Decreto-Lei inclúense as bonificacións no gasóleo para os profesionais do sector do transporte por estrada, establecéndose que só poderá ser beneficiario de axudas a empresa transportista (sociedade mercantil ou persoa física) respecto dos vehículos que teña con autorización de transporte público de mercadorías ou viaxeiros en vigor. Por tanto, non poderán acceder á axudas os vehículos de transporte privado.

O importe exacto das bonificacións, en función do tipo de vehículos, será o seguinte:

1. CAMIÓNS DIÉSEL DE MMA IGUAL OU SUPERIOR A 7,5 TN, AUTOBUSES E TAXIS (AGÁS RESIDENTES EN CANARIAS, CEUTA OU MELILLA)

  • O importe da axuda, que se cobrará mensualmente, será de 20 céntimos por litro polas repostaxes de gasóil realizadas entre 1 de xaneiro e 31 de marzo, e de 10 céntimos por litro polas realizadas entre 1 de abril e 30 de xuño. Esta axuda obterase adicionalmente aos 4,9 céntimos por litro aos que ten dereito por gasóleo profesional.
  • Para percibir a axuda, os seus titulares deberán estar de alta no Censo do Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria e só darán dereito a axuda os litros repostados con tarxetas de carburante ou en depósitos de uso propio autorizados para gasóleo profesional.
INDISPENSABLE

ESTAR DE ALTA NO CENSO DE GASÓLEO PROFESIONAL DA AEAT

IMPORTANTÍSIMO

VERIFICAR QUE A RELACIÓN DE MATRÍCULAS DE ALTA NO CENSO DA AEAT ESTÁ ACTUALIZADA

  • Tramitación adicional: a empresa transportista deberá presentar unha declaración responsable a partir do 31 de xaneiro de 2022 conforme o modelo que publicará a Axencia Tributaria) declarando que se viu afectado polas consecuencias derivadas da invasión de Ucraína, indicar calquera outras axudas que tivera recibido en aplicación do Marco Temporal Europeo pola guerra de Ucraína, e, así mesmo, identificar as empresas coas que estea vinculada e asociada ( é dicir, aquelas empresas sobre as que teña un control sobre o seu accionariado ou os seus órganos de goberno).
  • Ademais, no caso de que o importe das axudas que reciba supere a contía máxima permitida (actualmente establecida en 500.000 euros) deberá presentar outra declaración responsable das axudas recibidas en aplicación do Marco Temporal Europeo pola guerra de Ucraína) e as relativas aos mesmos custos subvencionables que tiveran recibido de conformidade coos Regulamentos de mínimis ou polas axudas da COVID-19.
  • No caso de autónomos ou sociedades que teñan vehículos dos citados anteriormente e outros vehículos con distinta tonelaxe ou ben propulsados por outras enerxías, ademais de recibir as axudas conforme ao exposto anteriormente, deberá solicitar as axudas que se expoñen no punto seguinte.

2. CAMIÓNS E FURGÓNS DIÉSEL DE MMA INFERIOR A 7,5 TN, CAMIÓN DE CALQUERA TONELAXE OU AUTOBUSES OU TAXIS PROPULSADOS POR GNC, GNL OU GLP, VTCS E AMBULANCIAS PROPULSADAS POR DIÉSEL OU GAS, E TITULARES DE VEHÍCULOS DE TRANSPORTE RESIDENTES EN CANARIAS, CEUTA OU MELILLA

  • A axuda total calcularase en función do nº de vehículos e tipo de autorización de transporte que se posúa a emprresa, cos seguintes importes:
Por cada vehículoImporte
Mercadorías pesado. MDPE con MMA≥7,5 Tn e combustible GLP, GNC ou GNL3.690 €
Mercadorías pesado. MDPE con MMA ≥ 7,5 Tn, combustible gasóil e domiciliado en Canarias, Ceuta ou Melilla.2.700 €
Mercadorías pesado. MDPE con MMA < 7,5 Tn1.000 €
Mercadorías lixeiro. MDLE450 €
Ambulancia VSE450 €
Taxis. VT con tipo de combustible GLP, GNC ou GNL.410 €
Taxis. VT con tipo de combustible gasóil e domiciliado en Canarias ou taxis domiciliados en Ceuta ou Melilla300 €
Vehículo aluguer con condutor. VTC.300 €
Autobús. VDE e combustible GLP, GNC ou GNL2.050 €
Autobús. VDE e combustible gasóil e domiciliado en Canarias, Ceuta ou Melilla1.500 €
Autobús urbán conforme á clasificación por criterios de utilización do Regulamento Xeral de Vehículos e combustible GLP, GNC ou GNL2.050 €
Autobús urbán conforme á clasificación por criterios de utilización do Rgto. Xeral de Vehículos, combustible gasóil e domiciliado en Canarias, Ceuta ou Melilla1.500 €
  • Tramitación: Deberá presentarse unha solicitude de axuda ante a Axencia Tributaria a partir de 1 de abril (data límite: 31 de maio de 2023) semellante ás presentadas en abril e agosto deste ano, realizándose ademais unha declaración responsable conforme ao modelo que publicará a Axencia Tributaria, na que o titular declarará que se viu afectado polas consecuencias derivadas da invasión ucraína, indicando así mesmo calqueroutras axudas que tivera recibido en aplicación do Marco Temporal Europeo pola guerra de Ucraína, e identificando ás empresas coas que estea vinculado e asociado.
  • Ademais,  no caso de que o importe das novas axudas que reciba superen a contía máxima permitida (actualmente establecida en 500.000 euros) deberá presentar outra declaración responsable das axudas recibidas en aplicación do Marco Temporal Europeo pola guerra de Ucraína e as relativas aos mesmos custos subvencionables que tiveran recibido de conformidade cos Regulamentos de mínimis ou polas axudas da COVID-19.
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Sancións de oficio para os pagadores de transporte que incumpren o prazo dos 60 días Link to: Sancións de oficio para os pagadores de transporte que incumpren o prazo dos 60 días Sancións de oficio para os pagadores de transporte que incumpren o prazo dos...Notificación RedLink to: O Goberno prorroga 6 meses o incremento do impacto do gasóil da cláusula de revisión do prezo polo combustible Link to: O Goberno prorroga 6 meses o incremento do impacto do gasóil da cláusula de revisión do prezo polo combustible Clausula DieselO Goberno prorroga 6 meses o incremento do impacto do gasóil da cláusula de...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar