O Ministerio de Transportes explica a través dun videotutorial como se procederá en estrada aos controis dos documentos de control electrónicos (e-CMR)
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) vén de disponibilizar na súa web o seguinte videotutorial explicativo de como utilizar a aplicación de xestión de documentos de control de transporte en formato electrónico posta en marcha polo propio MITMA na súa web.
Esta aplicación permite anexar os documentos de control en formato dixital requiridos por un axente de control nunha inspección de transporte realizada en estrada. A tal efecto, como se verá, é preciso dispor dun código proporcionado polo axente para acceder á aplicación, e para achegar os documentos é preciso ter un arquivo en formato dixital PDF/A-1a.
Na seguinte ligazón pódese ollar o videotutorial de funcionamento da aplicación: