Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña 2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de 8 de febreiro de 2023 publicou os extractos coas convocatorias das distintas liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña 2023 dirixidas ás pemes, aos autónomos e ás cooperativas con sede social nesta provincia, cuxas bases reguladoras xa foran publicadas o pasado 27 de xaneiro de 2023.

De entre os criterios comúns de valoración, teñen preferencia:

  • os solicitantes domiciliados nos concellos de menor poboación,
  • as solicitudes formuladas por autónomos e sociedades cooperativas,
  • os sectores económicos estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia rellidos no anexo 2 das convocatorias. Sendo o transporte por estrada de mercadorías unha actividade subvencionable, non está entre os sectores prioritarios.

En concreto, este PEL 2023 inclúe as seguintes liñas de axuda:

  • PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO, que subvenciona en ata o 70% do importe dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, equipos informáticos, maquinaria e mobiliario por pemes e autónomos cunha antigüidade máxima de 5 anos no exercicio da actividade.
  • PEL-AUTÓNOM@S, que subvenciona cunha contía fixa de 200 €/mes (ata un máximo de 12 meses) as cotas sociais dos autónomos residentes en concellos de menos de 20.000 habitantes, cunha antigüidade máxima de 5 anos no exercicio da actividade.
  • PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN CADRO DE PERSOAL, subvencionándose a pemes e autónomos de concellos de menos de 20.000 habitantes a contratación dun traballador/a a xornada completa ou parcial por un período máximo de 12 meses, cubríndose como máximo o 70% dos custos salariais totais, co límite de 15.000 €.
  • PEL-PEMES MANTEMENTO do cadro de persoal de pemes e autónomos, subvencionado a través da convocatoria de 2022 PEL-Pemes Creación e Ampliación.

prazo para a presentación de solicitudes, que en todas as liñas deberá realizarse de modo exclusivamente telemático a través da plataforma SUBTeL, remata o 10 de marzo ás 14:00 horas.

Bases do PEL da Deputación da Coruña

A continuación detállanse os contidos destas catro liñas de axudas:

Axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables

En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis

Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de publicación da convocatoria (08/02/2023), e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña
  • Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que solicita a axuda (exclúense as transformacións de empresas ou continuidade de actividade de autónomo a socidade ou viceversa)

Investimentos realizados pola empresa en elementos novos relacionados coa súa actividade, das seguintes contas: 

206Aplicacións informáticas

Importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos adquiridos a terceiros

213Maquinaria

Conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción, elaboración dos produtos ou prestación de servizos.

Elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal ou mercadorías dentro da empresa

216Mobiliario

Mobiliario, material e equipos de oficina (excluído o da conta 217)

217Equipos para procesos de información

Computadores e demáis conxuntos electrónicos

A contía da axuda será do 70% sobre o investimento realizado, que deberá ser mínimo 3.500 € e máximo 25.000 €

Conservar os investimentos realizados na empresa durante 2 anos dende a data de adquisición do ben

CRITERIOS DE VALORACIÓNASPECTOS A VALORARPUNTUACIÓN
(MÁX. 30 ptos)
1Poboación do municipio do domicilio fiscal da empresa

Seg. últimos de poboación do IGE

(Máx. 16 puntos)

Ata 2.000 habitantes16
De 2.001 a 4.000 hab.13
De 4.001 a 5.000 hab.10
De 5.001 a 10.000 hab.8
De 10.001 a 19.999 hab.6
20.000 hab. ou máis0
2Actividade económica do solicitante

Actividades que consten de alta no Certificado de situación censal do solicitante, á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)

(3 puntos)

Solicitantes dos sectores estratéxicos emerxentes e de alto potencial de Galicia (Anexo 2 bases reguladoras) 3
3Tipos de solicitante

Datos referidos á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)

(5 puntos)

Persoas autónomas, cooperativas, sociedades laborais5
4Non ser beneficiario no ano anterior

Con respecto á convocatoria PEL Emprende Investimento 2022

(6 puntos)

O solicitante non foi beneficiario desta axuda na convocatoria PEL Emprende Investimento de 20226

Nota: O transporte de mercadorías por estrada non se inclúe no Anexo 2, en ningunha das dúas categorías do criterio de valoración 2.

Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de marzo 2023 ás 14:00h
  • EXECUCIÓN DO PROXECTO: Os investimentos subvencionables serán realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 (data de facturación). Os xustificantes de gasto terán que estar expedidos neste período
  • XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO: Ata 31 de xaneiro de 2024

Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas

En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis

Persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria (08/02/2023) que desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro, e reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de poboación menor de 20.000 habitantes.
  • Estar dado de alta no RETA cunha antigüidade ininterrompida máxima de 5 anos. 
  • Non recibir axudas por parte de ningunha entidade ou organismo público ou privado para sufragar as cotas sociais de autónomo para o período subvencionado que, como mínimo debe ser dun prazo de seis meses.
  • No caso de que se perciban axudas durante unha parte do ano, poderá solicitarse por aquelas mensualidades onde non se perciban tales axudas sempre que o número de ditas mensualidades sexa igual ou superior a seis.

Exclusións: fican fóra destas axudas autónomos colaboradores e societarios.

Cotas mensuais de autónomos ao ano 2023 que non teñan ningún tipo de

axuda, subvención, bonificación ou calquera outro concepto similar

Contía fixa de 200 €/mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses (mínimo de 6 meses) correspondentes ao período subvencionado 2023

Adquirir o compromiso de estar dado de alta e manter a actividade como mínimo ata o 31 de decembro de 2023 así como ter seis mensualidades obxecto de subvención dentro do período subvencionable (ano 2023)

CRITERIOS DE VALORACIÓNASPECTOS A VALORARPUNTUACIÓN
(MÁX. 30 ptos)
1Poboación do municipio do domicilio fiscal da empresa

Seg. últimos de poboación do IGE

(Máx. 16 puntos)

Ata 2.000 habitantes16
De 2.001 a 4.000 hab.13
De 4.001 a 5.000 hab.10
De 5.001 a 10.000 hab.8
De 10.001 a 19.999 hab.6
2Actividade económica do solicitante
Actividades que consten de alta no Certificado de situación censal do solicitante, á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)
(3 puntos)
Solicitantes dos sectores estratéxicos emerxentes e de alto potencial de Galicia (Anexo 2 bases reguladoras)3
3Non ser beneficiario no ano anterior
Con respecto á convocatoria PEL Autónomos 2021
(6 puntos)
O solicitante non foi beneficiario desta axuda na convocatoria PEL Emprende Investimento de 20226

Nota: O transporte de mercadorías por estrada non se inclúe no Anexo 2, en ningunha das dúas categorías do criterio de valoración 2.

Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de marzo 2023 ás 14:00h
  • XUSTIFICACIÓN DA AXUDA: dende 01 de xaneiro ata 31 de marzo de 2023

Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, domiciliadas en concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña

En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis

Persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria (08/02/2023) que desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro, e reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de poboación menor de 20.000 habitantes
  • No caso de persoas autónomas, estar de alta no RETA; e no caso de persoas xurídicas, inscritas no Rexistro mercantil ou rexistro correspondente
  • Estar de alta nalgunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria. Esta actividade debe estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada

Custos da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2023

Deberán ser contratacións iniciadas en 2023 cunha duración mínima de 6 meses. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da anualidade 2023

Nota: Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios (conta 640), incluídas as cotas patronais á Seguridade Social (conta 642), así como outros gastos sociais (conta 649) relativos á prestación por Incapacidade Temporal a cargo da empresa e a indemnización fin de contrato

Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dunha persoa traballadora durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 70% dos custos salariais totais, co límite de 15.000€ para as contratacións a xornada completa, ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial

Manter o nivel de emprego existente na empresa beneficiaria, dende a data de publicación das bases da axuda (27/01/2023) e durante todo o período subvencionado.

Para tal efecto enténdese que cumpre coa obriga de mantemento cando o número de traballadores da empresa, na data de finalización do período subvencionado, sexa maior ao existente no momento de publicación das bases reguladoras da axuda.

No caso daquelas contratacións realizadas antes da publicación das bases reguladoras, a obriga do mantemento do emprego na empresa será dende o momento da contratación do/a traballador/a subvencionado/a

CRITERIOS DE VALORACIÓNASPECTOS A VALORARPUNTUACIÓN
(MÁX. 30 ptos)
1Poboación do municipio do domicilio fiscal da empresa

Seg. últimos de poboación do IGE

(Máx. 16 puntos)

Ata 2.000 habitantes16
De 2.001 a 4.000 hab.13
De 4.001 a 5.000 hab.10
De 5.001 a 10.000 hab.8
De 10.001 a 19.999 hab.6
2Actividade económica do solicitante

Actividades que consten de alta no Certificado de situación censal do solicitante, á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)

(3 puntos)

Solicitantes dos sectores estratéxicos emerxentes e de alto potencial de Galicia (Anexo 2 bases reguladoras) 3
3Tipos de solicitante

Datos referidos á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)

(5 puntos)

– Persoas autónomas

– Cooperativas

– Sociedades laborais

5
4Non ser beneficiario no ano anterior

Con respecto á convocatoria PEL Emprende Investimento 2022

(6 puntos)

O solicitante non foi beneficiario desta axuda na convocatoria PEL Emprende Investimento de 20226

Nota: O transporte de mercadorías por estrada non se inclúe no Anexo 2, en ningunha das dúas categorías do criterio de valoración 2

Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de marzo 2023 ás 14:00h
  • XUSTIFICACIÓN DA AXUDA: ata 28 de febreiro de 2024

Axudas para o mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas

En réxime de concorrencia competitiva, amparada no réxime de minimis

Pemes e autónomos beneficiarios da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2023 e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria (08/02/2023) reúnen os seguintes requisitos:

  • Manter o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes
  • Manter a mesma xornada de traballo do contrato subvencionado na convocatoria anterior, salvo que se incremente a xornada

Custos salariais do mantemento, de xeito indefinido, da contratación dun/dunha traballador/a subvencionado a través da convocatoria anterior PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022

O período subvencionable comprenderá gastos das contratacións nos 12 meses consecutivos aos meses subvencionados a través da convocatoria anterior PEL-Pemes Creación e Ampliación 2021

Nota: Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios (conta 640), incluídas as cotas patronais á Seguridade Social (conta 642), así como outros gastos sociais (conta 649) relativos á prestación por Incapacidade Temporal a cargo da empresa e a indemnización fin de contrato

Cada empresa poderá solicitar a subvención para o mantemento, de xeito indefinido, da contratación dun traballador durante un período de 12 meses, consecutivos aos meses subvencionados a través da convocatoria anterior PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022, por un importe máximo do 50% dos custos estimados de contratación da persoa traballadora.

No caso daquelas contratacións a tempo parcial, deberá solicitarse a parte proporcional, tendo en conta o importe máximo a solicitar e a porcentaxe da xornada.

A contía máxima da subvención será o 50% dos custos estimados de contratación

co límite de:

  • 11.000 € polo mantemento durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional).
  • 10.000 € polo mantemento durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa.
  • Casos de contratacións a tempo parcial: a parte proporcional correspondente

Manter o nivel de emprego existente na empresa beneficiaria, desde 28/03/2022 e durante todo o período subvencionado.

Para tal efecto enténdese que cumpre coa obriga de mantemento cando o número de traballadores da empresa na data de finalización do período subvencionado sexa igual ao existente na finalización do período subvencionado da convocatoria anterior PEL- Pemes Creación e Ampliación 2022.

No caso de que se conceda ao beneficiario o importe máximo de 11.000 € polo mantemento dun contrato indefinido a xornada completa dun traballador de colectivo vulnerable e durante a fase de xustificación a unidade xestora da axuda comprobase que finalmente non realizou o mantemento nesa modalidade o importe a pagar se reducirá a 10.000 euros ou proporcionalmente en función do tipo de xornada (parcial ou completa). En todo caso non se incrementará o importe da contía concedida

CRITERIOS DE VALORACIÓNASPECTOS A VALORARPUNTUACIÓN
(MÁX. 30 ptos)
1Poboación do municipio do domicilio fiscal da empresa

Seg. últimos de poboación do IGE

(Máx. 16 puntos)

Ata 2.000 habitantes16
De 2.001 a 4.000 hab.13
De 4.001 a 5.000 hab.10
De 5.001 a 10.000 hab.8
De 10.001 a 19.999 hab.6
2Actividade económica do solicitante

Actividades que consten de alta no Certificado de situación censal do solicitante, á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)

(3 puntos)

Solicitantes dos sectores estratéxicos emerxentes e de alto potencial de Galicia (Anexo 2 bases reguladoras) 3
3Tipos de solicitante

Datos referidos á data de publicación da convocatoria (08/02/2023)

(5 puntos)

– Persoas autónomas

– Cooperativas

– Sociedades laborais

5
4Non ser beneficiario no ano anterior

Con respecto á convocatoria PEL Emprende Investimento 2022

(6 puntos)

O solicitante non foi beneficiario desta axuda na convocatoria PEL Emprende Investimento de 20226

Nota: O transporte de mercadorías por estrada non se inclúe no Anexo 2, en ningunha das dúas categorías do criterio de valoración 2

Só se poderá presentar de modo telemático a través da plataforma SUBTeL

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de marzo 2023 ás 14:00h
  • XUSTIFICACIÓN DA AXUDA: unha vez transcorrido o período subvencinable (12 meses), o prazo máximo rematará o 28 de febreiro de 2024