En 2024 serán tamén 3 as convocatorias de probas para a obtención do título de competencia profesional de xestor de transporte (título de transportista)

  • De igual xeito que en 2023, este ano celebraranse novamente 3 convocatorias de exame, unha por cuadrimestre. O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que desexen tomar parte na 1ª convocatoria de 2024 estará aberto ata 31 de xaneiro. 
  • Sinerxías pon en marcha o máis completo curso preparatorio para estas probas, que comezará o 1 de febreiro, e será presentado a novos alumnos e persoas interesadas por videoconferencia este venres 25 de xaneiro ás 20:00h.

O DOG de 20 de novembro de 2023 publicou a convocatoria de probas oficiais conducentes á obtención do título de Competencia Profesional de Xestor de Transporte (título de transportista) en 2024.

Igual que en 2023, este ano celebraranse 3 convocatorias, unha en cada cuadrimestre, de xeito que os aspirantes interesados en presentarse á primera das convocatorias (que se celebrará entre o 1 de febreiro e o 30 de abril), terán de prazo ata o 31 de xaneiro para a tramitación das instancias que dan dereito á participación nas mesmas. Así, o calendario completo é o seguinte:

1ª CONVOCATORIA2ª CONVOCATORIA3ª CONVOCATORIA
DATA EXAMESEntre 01/02 e 30/04Entre 02/05 e 31/08Entre 02/09 e 31/12
PRAZO INSTANCIASAta 31/01Entre 01/02 e 01/05Entre 02/05 e 01/09 

Requisitos das persoas aspirantes

Cómpre recordar que para poder concorrer a estas probas, as persoas aspirantes deberán acreditar estudos previos, isto é, no momento de presentar a solicitude deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: Bacharelato ou equivalente; Técnico FP de grao medio ou grao superior; ou título universitario de grao ou posgrao.

Presentación e inicio do mellor curso preparatorio para as probas

O 1 de febreiro de 2024 comezará o curso preparatorio para estas probas, organizado por SINERXÍAS en colaboración con ESCUELA DEL TRANSPORTE. Grazas a esta alianza, os aspirantes a superar estas probas poderán cursar a mellor formación posible, coa comodidade de poder facelo desde a casa. Así, a través da nosa plataforma de teleformación, o curso inclúe:

  • Contidos teóricos completos, elaborados e actualizados por docentes propios.
  • Xestor interactivo de test e supostos prácticos co banco de preguntas actualizado do Ministerio.
  • Videoclases en directo impartidas polos nosos docentes.
PRESENTACIÓN INTERACTIVA DO CURSO DE COMPETENCIA PROFESIONAL DE TRANSPORTISTA
SINERXÍAS realiza o xoves 25 de xaneiro ás 20h. unha presentación telemática do curso dirixida aos novos alumnos e todas as persoas que poidan estar interesadas, onde se explicará a metodoloxía e contidos do curso, así como a estrutura do exame. Os interesados en conectarse a esta presentación deben solicitalo por mail a info@sinerxias.gal