Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
Protocolo de prevención e actuación fronte o acoso sexual e por razón de sexo

Implántanse os primeiros Protocolos fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo en pequenas empresas do sector do TRANSPORTE

Sinerxías está a ser pioneira en Galicia na implantación do Protocolo fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo en empresas do sector do transporte, obrigatorios para todas as empresas independentemente do seu tamaño e sector de actividade.

En qué consiste o Protocolo de Prevención e Actuación fronte o Acoso Sexual

Todas as empresas, independentemente do seu tamaño e sector de actividade, teñen a obriga legal de promover condicións de traballo que eviten o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, arbitrando procedementos específicos para a súa prevención, así como para dar cauce a denuncias ou reclamacións.

Así se recolle na Lei 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e o Real Decreto 901/2020, de 13 de outubro, que regula os Plans de Igualdade. Establecéndose tamén que estes Plans só son obrigatorios en empresas a partir de 50 traballadores.

A aprobación dun protocolo para a prevención e actuación fronte o acoso sexual e por razón de sexo supón para unha pequena empresa, alomenos, o desenvolvemento das seguintes actuacións:

  1. Favorecer a participación dos traballadores/as no proceso de elaboración e implantación.
  2. Formalizar un compromiso efectivo de tolerancia cero da empresa e dos traballadores/as ante o acoso, que non só deberá alcanzar tamén a clientes, provedores e colaboradores.
  3. Definir as medidas preventivas, proactivas e reactivas ante o acoso.
  4. Establecer o procedemento de actuación ante situacións de acoso, que inclúe a xestión de queixas, denuncias e demais.
  5. Información e formación ao persoal da empresa.

Por conseguinte, as pequenas e medianas empresas e os autónomos do sector do transporte non son unha excepción e tamén deberán aprobar e implantar un Protocolo para a prevención e actuación fronte o acoso sexual e por razón de sexo. Coa dificultade engadida para as empresas transportistas de que os seus traballadores son extraordinariamente móbiles, feito que dificulta a información e formación que se lles debe proporcionar a éstes, a súa participación, a xestión de queixas e denuncias, e mesmo o establecemento efectivo de medidas fronte o acoso.

Sinerxías é pioneira en implantación de Protocolos fronte o Acoso no sector do Transporte

Sinerxías está a ser pioneira en Galicia na implantación de Prococolos para a prevención e actuación fronte o acoso sexual e por razón de sexo en pemes do sector do transporte. Así, entre empresas transportistas e cooperativas de transporte galegas xa son dez os Protocolos implantados polo Departamento de Prevención de Sinerxías no que vai de primeiro semestre de 2023.
Xa que logo, as empresas transportistas interesadas na implantación do Prococolo para a prevención e actuación fronte o acoso sexual e por razón de sexo poden contactar con Sinerxías para faceren efectivo este proceso dun xeito áxil, rápido e cómodo.

En qué consiste o Protocolo de Prevención fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo

Protocolo de prevención e actuación fronte o acoso sexual e por razón de sexoA existencia dun protocolo fronte o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, mostra ás traballadoras e traballadores o compromiso da empresa contra estas formas de violencia, sensibiliza á plantilla e clarifica a tutela preventiva fronte o acoso, ó tempo que garante unha vía interna confidencial e de rápida resolución, erradicación e reacción fronte a este tipo de condutas.

Implantar o Protocolo, e informar ao persoal da organización axuda a previr condutas constitutivas de acoso, a tratar correctamente unha situación destas caractarísticas e facilita a súa eliminación do ámbito da empresa.

No momento en que unha empresa adopta o Protocolo para a prevención e actuación fronte o acoso, está manifestando a súa tolerancia cero fronte á concurrencia na súa organización e nas súas dependencias, de condutas consitutivas de fustrigación do acoso por razón de sexo ou sexual.

Ademáis, garante o cumprimento da norma.

A quén lle afecta. Ámbito de aplicación

O protocolo para a erradicación do acoso aplícase á completa totalidade do persoal da empresa, independientemente dos centros de traballo, da categoría profesional dos empregados, da forma ou do lugar onde prestan os seus servizos.

Tamén resulta de apliación a aquelas persoas que, non tendo unha relación laboral coa empresa, prestan os seus servizos ou colaboran coa organización como por exemplo persoal en formación, prácticas ou voluntariado.

Perído de duración

O tempo de vixencia do Protocolo se establecerá no Plan de Igualdade da empresa, si o hai. No caso de contar con Plan de Igualdade, se realizará de forma periódica por una comisión de seguimento, xunto coa representación legal dos traballadores, realizando unha avaliación intermedia e outra ó finalizar o tempo de duración do Protocolo.

As empresas de transporte de menos de 50 empregados non están obrigadas legalmente a contar con un Plan de Igualdade, polo que o habitual é que non o teñan. Por iso, é necesario contar con unha empresa externa que realice as avaliacións necesarias. Se recomenda que non supere os catro anos.

Sinerxías pode realizar esta función por ti.

Obxectivos a cumplir

  1. Fomentar a cultura preventiva do acoso sexual e por razón de sexo en todos os ámbitos e estamentos da organización.
  2. Manifestar a tolerancia cero da empresa fronte a situacións de acoso sexual e por razón de sexo que podan detectarse na organización.
  3. Facilitar a identificación das conductas que constitúen acoso, nas súas distintas modalidades: ataques con medidas organizativas, actuacións de illamento, actividades que afecten á saúde física ou psicolóxica das persoas, ataques á vida privada, á reputación persoal ou profesional, acoso ou chantaxe sexual, acoso ambiental.
  4. Implantar un procedemento sinxelo, rápido e accesible de queixa ou denuncia que garante a confidencialidade das persoas que están sufrindo a situación a posibilidade de expresarse e expoñer a súa realidade.
  5. Investigar internamente de maneira áxil, rápida e confidencial as denuncias para precisar se na empresa se produxo unha situación de estas características.
  6. Sancionar, si é oportuno, á persoa agresora e resarcir á vítima.
  7. Apoiar á persoa que sufriu acoso para evitar unha revictimización e facilitarlle o acompañamento psicolóxico e social que precise.

Descripción do Protocolo

O documento do Protocolo debe recoller en todo caso:

  1. Declaración de principios, definición de acoso sexual e acoso por razón de sexo. Identificación de condutas que podan ser constitutivas de acoso.
  2. Procedemento de actuación fronte o acoso para dar cauce ás queixas ou denuncias que puideran producirse, medidas cautelares e/ou correctivas aplicables.
  3. Identificación das medidas reactivas fronte o acoso e, no seu caso, o réxime disciplinario.

Principios

Este procedemento debe rexirse polos seguintes principios, que deberán ser observados en todo momento:

  1. Prevención e sensibilización do acoso sexual e por razón de sexo. Información e accesibilidade dos procedementos e medidas.
  2. Confidencialidade e respecto á intimidade e dignidade das persoas afectadas.
  3. Respecto ao principio de presunción de inocencia da suposta persoa acosadora.
  4. Prohibición de represalias da suposta vítima ou persoas que apoien a denuncia.
  5. Dilixencia , celeridade, seguridade, coordinación e colaboración no procedemento.
  6. Garantía dos dereitos laborais e de protección social das vítimas.
  7. Investigación exhaustiva dos feitos, confidencial e basada nos principios de contradicción e oralidade, que se resolverá tras escoitar ás persoas afectadas e garantindo a imparcialidade de calquera actuación.
  8. Garantía de actuación adoptando as medidas necesarias, incluidas no seu caso, as de carácter disciplinario, contra a persoa ou persoas cuxas condutas de acoso resulten probadas.
  9. Resarcemento á persoa acosada e protección da súa saúde psicolóxica e física.
  10. Enfoque de xénero e de dereitos humáns durante todo o procedemento.

Divulgación e publicidade

Para previr e evitar as situacións de violencia e acoso, a empresa deberá comunicar a adopción do Protocolo a todas as persoas que prestan servizos na organización. O que pode facerse a través de correo electrónico, publicándoo na web, na intranet, no tablón de anuncios, por escrito, ou calquer outro medio que sirva para dar a coñecer tanto a súa existencia como o seu coñecemento.

Asímesmo, a organización debe realizar accións formativas periódicas, xornadas, campañas de sensibilización, etc.

Seguramente che interesen tamén os seguintes temas:

30 septiembre, 2024

Axudas de 2.400€ a autónomos da provincia da Coruña

2 agosto, 2024

Axudas Igape adquisición vehículos, maquinaria e tecnoloxía

22 julio, 2024

Axudas á contratación de mulleres en empresas de transporte

15 julio, 2024

O Ministerio publica a lista de beneficiarios da axuda ao abandono de 2024

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Café Informativo en VERÍN: Novas axudas e estado de reclamacións en transporte Link to: Café Informativo en VERÍN: Novas axudas e estado de reclamacións en transporte Café Informativo en VERÍN: Novas axudas e estado de reclamacións en tran...Café Informativo. Evento con transportistas da provincia de Ourense para falar de axudas e reclamacións, coa participación de Alberto Vila. O día 03 de xuño, ás 11:30h, en VerínLink to: CAP Renovación 100% ONLINE con SINERXÍAS Link to: CAP Renovación 100% ONLINE con SINERXÍAS CAP Renovación 100% ONLINE con SINERXÍAS
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar