As persoas aspirantes deberán tramitar telematicamente as instancias que dán dereito a participar nas probas de competencia profesional de xestor de transporte e conselleiros/as de seguridade previstas para o segundo semestre de 2024 en Galicia dentro dos seguintes prazos límite:
- Obtención/renovación do título oficial de Conselleiro/a de Seguridade para o transporte de mercadorías perigosas: ata 23 Agosto
- Obtención do título oficial de Competencia Profesional de Xestor de transporte: ata 30 Agosto
Para máis información sobre calquera das dúas convocatorias, recoméndase contactar directamente con Sinerxías.
Cada unha das probas terán lugar previsiblemente no mes de novembro deste ano 2024 (data exacta e lugar aínda sen concretar).
Cursos preparatorios para afrontar as probas con garantías
Así mesmo, coa finalidade de dotar da mellor preparación posible ás persoas aspirantes inscritas para estas probas de 2024, Sinerxías pon a disposición das persoas aspirantes, en cada un dos casos, o curso de formación máis completo, na modalidade online (aula virtual) con reforzo presencial, que dará comezo previsiblemente o 7 de setembro. O prazo de inscrición para o curso xa está aberto.