Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

Publicada e en vigor a nova Lei de Cadea de Transporte, que nace co obxecto de protexer ao transportista efectivo prohibindo expresamente a realización de servizos de transporte que non cubran os custos de explotación

O BOE de 2 de agosto publicou o Real Decreto-lei 14/2022, de 1 de agosto, de medidas de sostenibilidade económica no ámbito do transporte, que entrou en vigor o mesmo día da súa publicación, e que inclúe unha das medidas acordadas polo Goberno coas federacións de transportistas: a prohibición da contratación a perdas. O texto consolidado deste pódese descargar en: https://www.boe.es/buscar/pdf/2022/BOE-A-2022-12925-consolidado.pdf

O obxectivo principal desta nova norma e tratar de protexer ao actor máis débil da cadea de transporte, isto é, ao transportista efectivo, non pola vía de impoñer unhas tarifas obrigatorias, xa que iso vulneraría as lexislacións en materia de libre competencia, senón pola vía de prohibir a imposición duns prezos pola realización duns servizos de transportes que non permitan cubrir os custos de explotación de dito servizo. Así mesmo, esta norma ten como segundo obxectivo rematar coa anomalía existente no sector de en poucos casos formalizar por escrito os contratos de transporte, sendo tristemente maioritaria a contratación exclusivamente verbal.

Por tanto, esta nova Lei non é senón unha modificación parcial da Lei 15/2009, de 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías, para incluír as novas obrigas establecidas, e mais da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, para establecer as novas infraccións e sancións en caso de incumprimento de ditas obrigas.

  • Obrigatoriedade dos contratos de transporte por escrito

O Decreto-Lei introduce a obriga de formalizar sempre por escrito os contratos de transporte que se realicen co transportista efectivo (é dicir, co transportista titular do vehículo que realiza o servizo de transporte). Esta nova obriga entrou en vigor xa o pasado 2 de agosto e deberá cumprirse:

a) para os contratos realizados para un único envío, é dicir, para un so servizo de transporte (ex.: viaxe esporádico que se contratou a través dunha bolsa de cargas);

b) e para os contratos continuados, é dicir, para un servizo periódico ou regular con múltiples envíos (ex.: servizos para un cliente fixo).

Excepcionalmente, non será preciso formalizar por escrito os contratos de transporte de contía non superior a 150 euros (IVE non incluído), así como nos servizos de transporte en que non sexa preciso documento de control.

A carta de porte será o documento no que se formalice por escrito o contrato de transporte. Por tanto, nos contratos de transporte para un único viaxe que se suscriban co transportista efectivo, e tamén no caso dun contrato de transporte continuado en cada un dos viaxes que se realicen ao amparo dese contrato, deberá elaborarse por escrito unha carta de porte, que deberá ser asinada por ambas partes (isto é, polo transportista efectivo e polo seu cliente ou cargador contractural, xa sexa este o cargador principal ou mesmamente un intermediario. En conclusión, a carta de porte non é máis ca un contrato de transporte simplificado.

No caso dos contratos de transporte continuado que se formalicen para un servizo de transporte regular para unha pluralidade ou multitude de viaxes, a nova Lei tamén obriga a que dito contrato se formalice por escrito, no que deberá reflexar o prezo como mención obrigatoria. Non obstante, ademais para cada un dos envíos que se realicen ao amparo dese contrato continuado deberá formalizarse a súa correspondente carta de porte co contido indicado arriba.

  • Obrigatoriedade de que os servizos cubran os custos de explotación

O Decreto-Lei introduce tamén a obriga de que a totalidade dos custos efectivos individuais soportados ou asumidos polo porteador para a prestación dun servizo de transporte, como tamén os outros gastos relacionados con ese servizo de transporte (operacións de carga e descarga, e outros) deban ser cubertos polo prezo do servizo de transporte.

Para o cálculo do custo efectivo individual de prestación do transporte, será válida a estrutura de partidas de custos do Observatorio de Custos do Transporte de Mercadorías por Estrada que elabora trimestralmente o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Así mesmo, o Ministerio de Transportes disponibiliza na súa web unha ferramenta denominada ACOTRAM  para que os transportistas que o desexen poidan coñecer cales son os custos de explotación da súa actividade tomando como base a estrutura de partidas de custos do Observatorio. que se pode descargar en: https://www.mitma.gob.es/transporte-terrestre/servicios-al-transportista/descarga-de-programas/acotram-300

Establécese como infracción moi grave, con multa de ata 4.000 euros, o pagamento ao transportista efectivo dun prezo inferior ao total de custos efectivos individuais soportados ou asumidos por este. Non obstnte, para que se poida impoñer a sanción deberanse dar 2 requisitos conxuntamente:

1º) Ten que tratarse dun contrato de transporte para un único envío. No caso de contratos de transporte continuado non se aplica esta sanción.

2º) Ten que existir “asimetría” entre as partes contratantes, é dicir, unha diferenza de tamaño empresarial entre o transportista e o seu cliente.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: As axudas directas ás empresas de transporte poderán solicitarse a partir de 4 de agosto Link to: As axudas directas ás empresas de transporte poderán solicitarse a partir de 4 de agosto As axudas directas ás empresas de transporte poderán solicitarse a partir...Axudas directas ao sector do transporteLink to: O condutor xa non poderá cargar e descargar a partir de 2 de setembro, agás nas excepcións leigais Link to: O condutor xa non poderá cargar e descargar a partir de 2 de setembro, agás nas excepcións leigais Carga e descarga conductorO condutor xa non poderá cargar e descargar a partir de 2 de setembro, agás...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar