Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

Requisitos a cumprir en 2023 ante a Axencia Tributaria polos transportistas beneficiarios do gasóleo profesional

  1. Como cada ano, os transportistas beneficiarios do gasóleo profesional teñen a obriga de declarar os quilómetros anuais dos vehículos con data límite o 31 de marzo.
  2. A tal efecto, previamente hai que estar dado de alta no Censo do Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria e manter actualizada en todo momento a relación de vehículos da empresa de MMA superior a 7,5 Tn.
  3. Consecuencia da bonificación aos combustibles aprobada polo Goberno en decembro, o importe a devolver entre 1 de xaneiro e 31 de marzo increméntase ata os 24,9 céntimos por litro de gasóleo consumido e 14,9 céntimos entre 1 de abril e 30 de xuño de 2023.
  4. Pero para poder beneficiarse desta bonificación adicional do 1º semestre de 2023, é preciso facer a partir de 31 de xaneiro un trámite adicional a través de web da Axencia Tributaria, asinando unha serie de declaracións formais.
  5. Empresas e cooperativas titulares de depósitos de gasóleo de consumo propio deben comunicar mensualmente, na primeira semana do mes, os litros consumidos.
camion_repostando

camion_repostando

Como cada ano, os transportistas dados de alta no Censo de Beneficiarios do Gasóleo Profesional da Axencia Tributaria (AEAT) teñen a obriga de formalizar a esta antes do 31 de marzo a declaración anual de quilómetros recorridos no ano anterior polos vehículos rexistrados no Censo beneficiarios da devolución durante 2022 de 4,9 céntimos en litro do imposto de hidrocarburos que agora se realiza con periodicidade mensual (antes trimestral). Hai quw recordar que a cantidade a devolver (estes 4,9 céntimos) é a resultante da diferenza impositiva do gasóleo de particulares co gasóleo profesional para o transporte.

Como é sabido, a norma comunitaria do gasóleo profesional establece que a devolución está limitada en vehículos destinados ao transporte de mercadorías a aqueles cuxa masa máxima autorizada supere as 7,5 toneladas e a un máximo de 50.000 litros/ano por vehículo.

Así mesmo, a empresa debe estar dada de alta no Censo da AEAT, manter sempre actualizada a relación de matrículas da empresa e suministrar o carburante en estacións de servizo a través de tarxetas de carburante válidas para gasóleo profesional, ou ben mediante unha unidade de subministro propio debidamente legalizada e informatizada que permita a comunicación de litros por vehículo á AEAT.

Como novidade neste ano 2023, aos referidos 4,9 céntimos en litro hai que engadirlles a nova bonificación aos combustibles para o sector do transporte por estrada aprobado polo Goberno a finais do mes de decembro a través de Real Decreto-Lei 20/2022, para compensar o elevado prezo do petróleo durante este ano consecuencia da guerra de Ucraína, polo que o importe total a devolver será de 24,9 céntimos por litro entre 1 de xaneiro e 31 de marzo e de 14,9 céntimos de 1 de abril a 30 de xuño. Por tanto, dito importe será ingresado mensualmente pola AEAT mediante transferencia na conta bancaria designada por cada transportista.

.

Bonificación extraordinaria 1º semestre 2023

Agora ben, os transportistas autónomos ou sociedades que desexen recibir a bonificación adicional de 20 céntimos no 1º trimestre de 2023 e 10 céntimos no 2º, deberán facer a partir de 31 de xaneiro unha comunicación telemática a través da web da AEAT asinando varias declaracións:

  • Declaración responsable de verse afectado economicamente pola guerra de Ucraína.
  • Declaración sobre outras axudas recibidas como consecuencia da guerra de Ucraína.
  • Por último, só no caso a empresa teña vinculación con outras empresas, deberá asinarse unna terceira declaración identificando as empresas coas que estea vinculada ou asociada.

.

Depósitos de consumo propio: comunicación mensual

Como se indicou máis arriba, a Orde HFP/941/2022, de 3 de outubro, modificou o procedemento de devolución do gasóleo profesional, acordándose que a devolución pola AEAT se fixera mensualmente no canto de trimestralmente, tal como se viña facendo desde sempre.

Como consecuencia desta redución do prazo, no caso de empresas de transporte e cooperativas que teñan depósitos propios de autoconsumo están obrigadas a comunicar mensualmente os litros á Axencia Tributaria, non cada de 3 meses como se facía antes, en concreto no prazo dunha semana desde o remate de cada mes, tal como recolle expresamente a citada Orde.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Convocadas as probas para a obtención do título de competencia profesional de transportista para 2023 Link to: Convocadas as probas para a obtención do título de competencia profesional de transportista para 2023 Convocadas as probas para a obtención do título de competencia profesional...Link to: Aclaración: en que prazos formalizar os beneficiarios do gasóleo profesional as declaracións ante a Axencia Tributaria para a bonificación adicional do 1º semestre de 2023 Link to: Aclaración: en que prazos formalizar os beneficiarios do gasóleo profesional as declaracións ante a Axencia Tributaria para a bonificación adicional do 1º semestre de 2023 Aclaración: en que prazos formalizar os beneficiarios do gasóleo profesional...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar