Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

O Ministerio de Transportes comeza a sancionar de oficio aos pagadores de transporte que incumpren o prazo máximo de 60 días

Imagen de SancionCos datos substraídos da documentación mercantil que se lle está esixindo achegar ás empresas transportistas nos requirimentos ordinarios que o Ministerio de Transportes remite de forma regular a estas, comezou a notificar procedementos sancionadores a empresas contratadoras de transporte que incumpren o prazo máximo de pagamento de 60 días.

Empresas cargadoras, axencias, operadores e empresas de transporte contratadoras de servizos de transporte están comezando a recibir notificacións de inicio de procedementos sancionadores por incumprimento dos prazos máximos de pagamento aos transportistas que efectivamente prestaron eses servizos.

Tal como se pode ollar na notificación de inicio de procedemento sancionador que se mostra como exemplo na folla anexa, o Ministerio de Transportes analiza e procesa os datos recibidos do tráfico mercantil das empresas transportistas ás que previamente lles remitiu un requirimento ordinario de achega de documentación (enténdase inspección ordinaria). Desde xeito, cotexa as datas das facturas emitidas requeridas nesa inspección coas datas dos correspondentes xustificantes de pagamento e identifica os pagamentos que vulneran o prazo máximo permitido.

Literalmente, as notificacións recibidas din:

“Da análise da documentación presentada, detectouse que facturas emitidas pola empresa TRANSPORTES XXXXX SL en concepto de servizos de transporte de mercadorías prestados por empresas de transporte no mes de DECEMBRO de 2021 abonáronse incumprindo o límite máximo legal de pagamentoo no dispositivo de 60 días naturais previsto no artigo 4 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais no pagamento do prezo do transporte nos contratos de transporte de mercadorías por estrada, cando o obrigado ao pagamento non sexa un consumidor e o prezo do transporte sexa igual ou inferior a 3.000 euros”.

En consecuencia, conforme o art. 143 da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT), estas infraccións dan lugar a unha sanción por importe de 801 €.

Tal como se recolle no art. 4 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, o prazo máximo de pagamento en todos casos será de 60 días naturais despois da data de recepción das mercadorías ou prestación dos servizos. Por tanto, non son 60 días desde a data da factura senón desde a data de realización do transporte.

E no caso habitual dunha factura mensual con todos os servizos prestados a unha empresa nun determinado mes, será a data media do período, é dicir, o día 15 dese mes.

Literalmente, o artigo 4 a Lei 3/2004 di o seguinte:

«1. O prazo de pagamento que debe cumprir o debedor, se non tivera fixado data ou prazo de pagamento no contrato, será de trinta días naturais despois da data de recepción das mercadorías ou prestación dos servizos, inclusive cando tivera recibido a factura ou solicitude de pagamento equivalente con anterioridade.

Os provedores deberán facer chegar a factura ou solicitude de pagamento equivalente aos seus clientes antes de que se cumpran quince días naturais a contar desde a data de recepción efectiva das mercadorías ou da prestación dos servizos.

Cando no contrato se tivera fixado un prazo de pagamento, a recepción da factura por medios electrónicos producirá os efectos de inicio do cómputo de prazo de pagamento, sempre que estea garantida a identidade e autenticidade do asinante, a integridade da factura, e a recepción polo interesado.

2. Se legalmente ou no contrato se estableceu un procedemento de aceptación ou de comprobación mediante o cal deba verificarse a conformidade dos bens ou os servizos co disposto no contrato, a súa duración non poderá exceder de trinta días naturais a contar desde a data de recepción dos bens ou da prestación dos servizos. Neste caso, o prazo de pagamento será de trinta días despois da data en que ten lugar a aceptación ou verificación dos bens ou servizos, inclusive anque a factura ou solicitude de pagamento se tivera recibido con anterioridade á aceptación ou verificación.

3. Os plazos de pagamento indicados nos apartados anteriores poderán ser ampliados mediante pacto das partes sen que, en ningún caso, se poida acordar un prazo superior a 60 días naturais

4. Poderán agruparse facturas ao largo dun período determinado non superior a quince días, mediante unha factura comprensiva de todas as entregas realizadas en dito período, factura resumo periódica, ou agrupándoas nun único documento a efectos de facilitar a xestión do seu pagamento, agrupación periódica de facturas, e sempre que se tome como data de inicio do cómputo do prazo a data correspondente á metade do período da factura resumo periódica ou da agrupación periódica de facturas de que se trate, segundo o caso, e o prazo de pagamento non supere os sesenta días naturais desde esa data.»

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: O Brexit no transporte de mercadorías será completo o 1 de xaneiro Link to: O Brexit no transporte de mercadorías será completo o 1 de xaneiro O Brexit no transporte de mercadorías será completo o 1 de xaneiroBrexitLink to: O Goberno prorroga o desconto de 20 céntimos para o transporte profesional para o 1º trimestre de 2023 e de 10 céntimos para o 2º trimestre. Link to: O Goberno prorroga o desconto de 20 céntimos para o transporte profesional para o 1º trimestre de 2023 e de 10 céntimos para o 2º trimestre. Ministerio de FacendaO Goberno prorroga o desconto de 20 céntimos para o transporte profesional...
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar