● Estas sancións por morosidade proveñen da documentación recollida das empresas polos Servizos de Inspección de Transporte, que de oficio comproban o cumprimento dos prazos máximos de pagamento fixados pola Lei 3/2004.
Actuación de oficio dos Servizos de Inspección
Desde hai meses, o Ministerio de Transportes está a actuar de oficio impoñendo sancións ao amparo do réxime sancionador de loita contra a morosidade no sector do transporte por estrada implantado a finais de 2021 coa aprobación da Lei 13/2021, de 1 de outubro.
Así, se establecen sancións por incumprimento dos prazos legais de pagamento establecidos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, cuxos importes varían gradualmente en función do valor do prezo do transporte apagar. Ademais, poden ser incrementados en caso de reiteración ou por condutas que poidan afectar significativamente á capacidade e solvencia económica do acredor.
Os Servizos de Inspección analizan e procesan os datos do tráfico mercantil recollidos dos requirimentos de documentación que o Ministerio remite periódicamente ás empresas titulares de autorizacións de transporte público de mercadorías e de actividades auxiliares (operadores de transporte), cotexan as datas das facturas emitidas coas datas dos correspondentes xustificantes de pagamento, identifican as operacións que vulneran o prazo máximo permitido e impoñen as sancións correspondentes.
Publicación de empresas sancionadas
Para contribuir decisivamente ao seu maior cumprimento, a propia Lei 13/2021 incluiu a obriga de que a Administración de Transportes fixera pública con carácter periódico a relación das empresas cargadoras e intermediarias sancionadas ata a data e cuxas multas sexan firmes en vía administrativa ou, no caso de terse interposto recurso contencioso-administrativo, en vía xudicial.
O Ministerio vén de publicar a primeira relación de 64 empresas cargadoras e intermediarias morosas con sanción firme no primeiro semestre do presente ano 2023, que se pode consultar na seguinte ligazón:
O artigo 4 da Lei 3/2004 establece que o prazo máximo de pagamento será de 30 días naturais despois da data de recepción das mercadorías ou prestación dos servizos, que por pacto entre as partes poderá ampliarse ata un máximo de 60 días naturais. Obviamente, no caso dun servizo de transporte, deberase entender a partir do momento de entrega das mercadorías ao destinatario.
Por tanto, non poderán superarse os 60 días naturais desde a realización do servizo do transporte, que non é o mesmo que dicir 60 días naturais desde a emisión da factura nin desde a data da factura. No caso dunha factura quicenal ou mensual que agrupa os servizos de transporte realizados a un mesmo cliente nun período quincenal/mensual, o prazo a computar contará a partir da media dese período.
Así mesmo, esta Lei 3/2004 tamén recolle que si, legalmente ou en contrato, se acordou un procedemento de aceptación ou verificación da conformidade dos servizos realizados, a súa duración non poderá exceder de 30 días naturais a contar desde a data da prestación dos servizos. Neste caso, o prazo de pagamento comezará a contar desde a data en que ten lugar a aceptación ou verificación do servizo.