Sinerxías organiza unha xeira de Xornadas Técnicas en Ourense, Porriño e Santiago sobre o Tacógrafo Intelixente e as últimas novidades no ámbito dos tempos de condución e descanso, dirixidas aos profesionais do transporte, os días 29 Outubro e 5 e 12 de Novembro
SINERXÍAS pon en marcha unha xeira de Xornadas Técnicas abertas aos transportistas e profesionais do sector do transporte por estrada baixo o título de «O Tacógrafo Intelixente», que se celebrarán nas sedes de SINERXÍAS de Ourense, O Porriño e Santiago en tres sábados consecutivos, 29 de outubro, 5 e 12 de novembro de 2022, respectivamente, en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.
O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer e esclarecer todo o que ten que ver co novo Tacógrafo Intelixente e os últimos cambios normativos en todo o relativo aos tempos e condución e descanso, particularmente aqueles que entraron en vigor coa aprobación do Paquete Europeo da Mobilidade de forma gradual en 2020 e 2021, como por exemplo a volta a casa do condutor e do vehículo, a flexibilización do descanso semanal, a ampliación dos límites de condución diaria, as entradas manuais obrigatorias no tacógrafo ou o cruzamento de fronteiras, entre outras. Por suposto, o formato da xornada será aberto ao debate e á resolución de todo tipo de dúbidas,
Participarán como ponentes:
- Rita Coya, Enxeñeira Informática, perito especialista en tacógrafo dixital
- Alberto Vila, Enxeñeiro Industrial, perito tacográfico
- Camilo González, Enxeñeiro Industrial, perito tacográfico
A asistencia é gratuíta previa inscrición, que por límite de prazas se deberá formalizar previamente a través enviando un mail a info@sinerxias.gal ou ben nos teléfonos de SINERXÍAS: (Porriño) 986 169 268 / (Santiago) 881 243 859 / (Ourense) 988 989 033.