Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú

A folga de condutores convocada para o 28 Outubro polos sindicatos U.G.T. e CC.OO. en demanda da xubilación anticipada mantense malia unha primeira reunión de achegamento entre os sindicatos convocantes e as organizacións patronais

Como é coñecido pola información dada ata agora polos medios de comunicación, os sindicatos de traballadores asalariados CC.OO. e UGT teñen convocada a nivel estatal unha folga de condutores profesionais de todas as especialidades de transporte (mercadorías, viaxeiros, ambulancias, taxis, etc.) para os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro, e 5 e 9 de decembro. Ademais, en caso de non chegar a acordo, a partir do 23 de decembro convertiríase en indefinida.

A reivindicación fundamental das organizacións convocantes da folga UGT e CC.OO. é a consecución dunha regulación que permita o adianto da idade de xubilación das persoas condutoras profesionais, a través duns coeficientes redutores da idade de xubilación por razón da naturezas da actividade que desenvolven. En concreto, segundo os convocantes, a actividade que realizan condutores, condutores-mecánicos e condutores-repartidores de vehículos lixeiros son “de natureza excepcionalmente penosa, tóxica, perigosa, insalubre e de elevados índices de morbilidade e mortalidade”.

Segundo información hoxe da asociación Vieiros Unidade Galega de Transportistas, onte luns 21 de outubro as principais federacións de transportistas integrantes do Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC), Fenadismer, Cetm e Astic, mantiveron unha reunión no Servizo de Mediación e Arbitraxe do Ministerio de Traballo cos sindicatos UGT e CCOO convocantes da folga, durante a cal as organizacións patronais se comprometeron a recoñecer a xubilación anticipada e manifestaron a súa disposición a asinar un acordo cos sindicatos para constituír unha comisión tripartita co Ministerio de Traballo para poder realizar un estudo sobre o impacto económico que tal medida suporía nas empresas de transporte, así como outras cuestións de aplicación (data de entrada en vigor efectiva, traballadores afectados, impacto nas cotizacións sociais e outros).

Sen embargo, os sindicatos rexeitaron tal proposta, esixindo a a sinatura conxunta da solicitude formal de establecemento da xubilación anticipada, demanda que foi rexeitada pola parte patronal sen coñecer previamente o impacto da medida. Ante a falta de acordo, volverase a celebrar unha xuntanza entre as partes mañá mércores o pasado xoves, pero  non é previsible chegar a acordo.

En todo caso, de manterse a folga para o 28 de outubro, non se estima que esta teña unha grande impacto no transporte de mercadorías e limitarase a situacións moi puntuais, dada a escasa presenza sindical no sector do transporte de mercadorías. Ademais, no caso de Galicia, esta mobilización adoece de apoios expresos máis aló das organizacións convocantes. Inclusive o sindicato galego CIG xa se desmarcou caracterizando esta folga como “pantomima”.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Compartir en WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: Cártel dos camións: estado das demandas en España e Holanda Link to: Cártel dos camións: estado das demandas en España e Holanda Cártel dos camións: estado das demandas en España e HolandaLink to: Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana Link to: Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana Flexibilízanse os tempos de condución e descanso pola Dana
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar